domingo, 16 de junio de 2013

EXPOSICIÓN AUGA ENFEITIZADA

Estas dúas últimas semanas tivemos no noso centro a exposición "AUGA ENFEITIZADA" realizada polo alumnado do C.E.I.P. Castelao de Rianxo.Grazas a Tere promotora da idea. O proxecto da Biblioteca do centro de Rianxo xirou en torno a auga, e esta clase realizou uns fermosísimos e orixinais carteis de seres mitolóxicos que viven nas augas. Pois como ben sabedes os que seguides este blog,  o noso centro tivo como Proxecto Anual :"Tempo de Lendas. Lendas no tempo". Estivemos realizando diversos traballos sobre seres mitolóxicos, polo que esta exposición dos nosos veciños chegou no momento ideal: afianzar as informacións que xa coñeciamos dalgúns seres e coñecer outros novos. Recibimos tamén unha ficha de traballo. UNHA VEZ MÁIS PARABÉNS POLOS TRABALLOS. GRAZAS POR COMPARTIR! SAÚDOS DESDE CESPÓN!

NORABOA A LARA E FERNANDO

Alá polo mes de maio recibimos a grata noticia de que Lara e Fernando de 2º de primaria gañaran sendos premios no concurso Francisco Añón convocado polo Concello de A Serra de Outes. Tiveron agasallos e a semana pasada chegaron ao centro os títulos que os acreditan gañadores na modalidade de poesía. Observade tamén o colorido mural elaborado para a ocasión. UNS ARTISTAS! Aquí vos deixo o momento da entrega, nos que Lara e Fernando estiveron acompañados do alumnado do 1º ciclo e da súa mestra Mercedes! Parabéns!

miércoles, 12 de junio de 2013

REVISTA FALARES CURSO 2012/2013

Xa está aquí!  A REVISTA FALARES acaba de ver a luz! En breve recibiredes un CD para poder levala as vosas casas. Para vela en grande abre a pantalla do lateral dereito arriba. Nas páxinas 81 e 82 aparecen unhas breves recomendacións para o verán de CDs con cancións, cómics, poesías e libros de información.