miércoles, 17 de junio de 2015

PREMIOS LITERARIOS "RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ"

O martes, 16 de xuño,  tivo lugar o acto de entrega dos premios do Certame literario "Ramón Martínez López" convocado pola biblioteca municipal de Boiro. Como vén sendo costume, ano tras ano,  o noso centro sempre participa nas distintas categorías. Queremos dar os parabéns a todas as alumnas e alumnos que entregaron os seus relatos, pero moi especialmente a Lía de 4º de primaria e a Carla de 6º de primaria que acadaron sendos premios.
                                              CARLA XUNTO Á CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN
LÍA RECOLLENDO O SEU PREMIO

sábado, 13 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS VERÁN, 2015

Percorrendo distintos lugares do centro: patio de infantil, xardín, biblioteca,... os libros agardan por vós. Queren ser os vosos compañeiros de verán. Non te esquezas de levalos á túa casa.
O Equipo da Biblioteca, XUNTO CON LUÍÑA desexámosvos BO VERÁN E ...BOAS LECTURAS!!!!



 

sábado, 6 de junio de 2015

AGRADECEMENTO A ANPA

Desde a biblioteca Aveliona Luíña sentímonos moi orgullosos e queremos agradecer a ANPA que ao facer os recordos fotógraficos dos grupos de alumnos/as se acordasen da mascota da biblioteca, facendo así posible que  a nosa Luíña,  que nos acompaña en todas as actividades ao longo do ano, chegue ao fogar do noso alumnado. GRAZAS!

AN ALFAYA E O AROMA DO LIQUIDÁMBAR

O venres, 5 de xuño, An Alfaya visitou o noso centro para ter una interesante e entretida conversa co alumnado de 5º e 6º. Nenas e nenos que estiveron traballando o seu libro "O aroma do liquidámbar".
Agasallárona cunha presentación da súa vida e obra e cun gran mural do que destacaba a árbore que da título ao seu libro. Para rematar asinou cada un dos libros.
 

jueves, 4 de junio de 2015

VIAXE CULTURAL E DE LECER ÁS ILLAS CÍES

O martes, 2 de xuño o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º realizou a ansiada viaxe de fin de curso ás Illas Cíes. Foi una xornada extraordinaria na que aproveitamos para compartir, aprender, divertirnos ...e sobre todo gozar destas fermosas paisaxes, declaradas, segundo prestixiosos xornais europeos,  unha das nove praias máis fermosas de toda Europa.
PARA VER MÁIS FOTOS VISITA A NOSA PÁXINA WEB.