lunes, 19 de diciembre de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PAR O NADAL

Desde o Equipo da Biblioteca elaboramos un díptico no que recomendamos algunhas lecturas para celebrar un  Nadal Literario.  Na contraportada recollemos algunha curiosidade sobre animais relacionados con esta época do ano. BO NADAL A TODAS E TODOS!
 


 

domingo, 11 de diciembre de 2016

SEGUIMOS CONTANDO AS HISTORIAS DOS LIBROS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Nesta ocasión o alumnado de 2º e 4º percorreron ás aulas contando as historias de "Un tren cargado de misterios". Óscar e Eli de 2º fixeron que o alumnado se involucrase dando solución ás adiviñas das que se fala no libro.
Por outra banda  o alumnado de 5º B (Pablo, Héctor, David e Alexandra) a través das imaxes de "Laura e os ratos" deleitaron aos compañeiros e compañeiras do colexio con esta tenra historia.


 

Obra de teatro: Rubicundo

As alumnas e alumnos de 3º e 4º asistiron o xoves 1 de decembro á Casa Ramón Martínez López de Boiro a unha extraordinaria obra de teatro: Rubicundo. Unha historia cargada de tenrura, amizade, humor... cunha posta en escena extraordinaria e un vistosísimo decorado.

 

 

Obra de teatro:TITA

O alumnado de 1º e 2º asistiu a unha sesión de monicreques, na que a través destes personaxes (Tita, Lucas e a nai de Tita)  traballaron a intelixencia emocional: a felicidade, a ira e a tristeza.
Tita estaba enfadada co mundo porque seu pai marchou traballar fóra e non llo dixeron ata ese día.
Atopouse con Lucas, que tamén estaba enfadado co mundo. Entre os dous foron sentíndose mellor ata que Tita conseguiu descargar a súa ira, falando coa súa nai e contándolle o que lle ocorría.
A actividade estivo organizada polo Departamento de Cultura do concello de Boiro e tivo lugar no salón de actos da casa de cultura Ramón Martínez López de Boiro.