martes, 31 de octubre de 2017

QUEN DIXO MEDO?

Levamos a cabo una recompilación e exposición de fondos de libros de meigas, monstros, vampiros, cemiterios,...titulada QUEN DIXO MEDO? O alumnado visitou esta exposición para realizar unhas actividades moi moi terroríficas. Ata a nosa mascota Luíña  puxo o seu disfrace de pequena demoña!!!
 

viernes, 27 de octubre de 2017

MARCADORES NO DÍA DA BIBLIOTECA

Outra das actividades realizadas para conmemorar este gran día das bibliotecas foi a elaboración de marcadores con formas de animais (tema do Proxecto): peixes, xirafas, coellos,bufos...



 

24 de outubro: AS MOCHILAS VIAXEIRAS CAMIÑO DOS FOGARES

Como todos os anos, tomando como referncia o Día da Biblioteca, as mochilas viaxeiras parten do colexio  cargadas de soños, historias, información, poesía, música...para gozar con elas. DESEXAMOS QUE PASEDES MARAVILLOSOS MOMENTOS COMPARTINDO ESTES MATEIRIAIS EN FAMILIA!!!

 

 

TÍTERES: CARAPUCHIÑA E O LOBO

O alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º gozou dunha divertida sesión de títeres grazas a estupenda posta en escea do conto de Carapuchiña Vermella. A mestra Noelia foi a encargada desta estupenda actividade.

 

 

miércoles, 18 de octubre de 2017