sábado, 30 de diciembre de 2017

NADAL, 2017

Para ver máis fotos relacionadas co Nadal visita a nosa páxina web. Recorda que podes ver a imaxe en grande facendo clic nela. BO NADAL A TODAS E TODOS!!!!
 

viernes, 29 de diciembre de 2017

PAPÁ NOEL VISÍTANOS

Papá Noel visita o noso centro nas vísperas das vacacións de Nadal, agasallando con caramelos. Grazas!



 

ALUMNADO DE 5º: Animais en perigo de extinción

O alumnado de 5º presentou dous animais en perigo de extinción: o sapoconcho e a vacaloura. Seguirán investigando para seguir informándonos de máis animais que, tristemente, se atopan na mesma situación.

jueves, 28 de diciembre de 2017

ALUMNADO DE 6ºB: animais invasores

Parte do alumnado de 6º B  xa comezou coa presentación de animais invasores; tema que esta titoría ten que investigar dentro do Proxecto da biblioteca.  Nesta ocasión, Raúl falounos da avispa velutina, Laura, do cangrexo vermello; Yoel, da cotorra arxentina; Sheila, do pico de coral, Nicole do visón e Ana do porco vietnamita. PARABÉNS!!!


 

martes, 26 de diciembre de 2017

O ALUMNADO DE 3º FÁLANOS DO INSECTO FOLLA

Marabillosa exposición do alumnado de 3º!!!! Presentáronnos o insecto folla dun xeito entretido, didáctico e moi fácil de entender. Para isto, realizaron vídeos, outros buscáronos na rede, ... e ao final fixeron un xogo moi interesante.
PARABÉNS!!!
 

 

lunes, 18 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Recorda pedir algún libro para ti e a túa familia,  aos Reis Magos. Aquí vos deixa Luíña unhas recomendacións lectoras para Nadal. Desde a Biblioteca Avelaiona Luíña desexamos que pasedes unhas boas e merecidas vacacións e recordade....
 
UN LIBRO BAIXO A ÁRBORE!!!!!
 

viernes, 15 de diciembre de 2017

ARDE O MONTE. EXPOSICIÓN MAXISTRAL DE 6ºB

O alumando de 6ºB a partires dun interesante artigo aparecido na revista PAPAGAIO elaborou un minucioso traballo para explicárllelo aos demais cursos. Antes de pasar ao tema concreto, elaboraron unha presentación para explicar paso a paso e recordar conceptos que tiñan que estar claros para entender o tema que tratarían con posterioridade: partiron da nosa situación dentro do planeta Terra, insistiron no concepto de ecosistema e as súas clases, falaron da cadea alimentaria,... Unha vez aclarados estes conceptos pasaron ao corredor que dá acceso á biblioteca. Foi aquí onde explicaron magníficamente o mural realizado e que leva por titulo "ARDE O MONTE".
 PARABÉNS E MOITAS GRAZAS!!!



 

sábado, 2 de diciembre de 2017

CALLEJEROS BARBANZA

E seguindo coas actividades enmarcadas dentro do Proxecto anual da bibliotecas, este xoves, 30 de novembro recibimos na nosa biblioteca a visita de Carlos e Lúa. Carlos é membro da Asociación "Callejeros Barbanza"  que se adican a recoller cans e gatos abandonados para coidalos e poder bucarlle un fogar no que realmente estes animais estean en boas condicións. E quen é Lúa? unha fermosa e cariñosa cadeliña que acompañou a Carlos durante a charla. Causou sensación entre o alumnado polas súas continuas mostras de cariño. Foi unha sesión na que o alumnado reflexionou sobre o abandono e o maltrato aos animais.

 

 

EXPOSICIÓN ALUMNADO DE SEGUNDO

E comezamos coas exposición aos compañeiros e compañeiras. O estreo oficial foi por parte do alumnado de segundo que expuxo para o alumnado de 1º e 3º. O tema do alumnado de segundo é ANIMAIS GRANDES. Pois ben,  falaron da balea azul e da anaconda. Simpática e divertida exposición na que,  uns turistas a través dunha visita guiada,   infórmanse das características destes animais. Para completar esta didáctica sesión ofertaron aos grupos que fixeron de oíntes a posibilidade de pintar e recortar una fermosa balea azul. PARABÉNS!!!

 

 

MURAL PROXECTO ANUAL: "OS ANIMAIS"

Este é un dos murais colectivos referidos ao proxecto anual da bilioteca: "OS ANIMAIS". Cada clase procurará información para logo contar aos demais cursos. Os temas serán: animais grandes, pequenos, autóctonos, invasores, en perigo de extinción, curiosidades, chamativos, raros,..
.

25 de NOVEMBRO: DÍA CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Outro do actos conxuntos que levamos a cabo este curso foi a celebración do día contra a violencia de xénero. Todo o alumnado elaborou unas mans  de cor lila nas que escribía palabras en defensa da muller: LIBRE, CEIBA, FORTE, RESISTENTE,...léronse manifestos e elaboráronse pancartas. Por último cantamos a canción SON MULLER de MBCP.

 
 

 

viernes, 1 de diciembre de 2017

UNHA LANDRA HOXE: UN CARBALLO MAÑÁ

Grazas ao departamento de Medio Ambiente de Boiro puidemos participar nunha charla de coidado do medio ambiente, explicación de árbores autóctonas,  concienciación do aforro da auga,...Ao finalizar a charla cada nena/o plantou una landra nun brick que subiron as aulas á espera de que broten carballos que logo plantaremos en distintas zonas do Concello.

 

 

CHARLA: BOIRO SOSTIBLE

O alumnado do centro recibiu una sesión de formación baixo o título de:"Boiro sostible".  O Departamento de cultura de Boiro a través dun convenio coa USC realiza esta actividades de concienciación do alumnado dos centros interesados en participar. A partires dunha presentación o alumnado reflexionou e intercambiou ideas acerca da reciclaxe, os tipos de enerxía, o consumo responsable..




O CAMIÑO DOS PAXAROS

Nesta ocasión 1º, 2º e 4º foron os cursos que acudiron á Casa da Cultura de Boiro para ver a obra: "O camiño dos paxaros". Unha tenra e didáctica obra onde a intriga se mantén ata o final.
 
 
 
 
 

OS AMOS DO MUNDO

O alumnado de 1º e 2º gozaron na casa da cultura" Ramón Martínez López" de Boiro dunha extraordinaria obra de teatro "Os amos do mundo".  A historia dun pequeno lobo que precisa falar coa Lúa. Para iso, pide axuda a varios animais, ata ...ao TERRIBLE GATO!!!