E comezamos coas exposición aos compañeiros e compañeiras. O estreo oficial foi por parte do alumnado de segundo que expuxo para o alumnado de 1º e 3º. O tema do alumnado de segundo é ANIMAIS GRANDES. Pois ben, falaron da balea azul e da anaconda. Simpática e divertida exposición na que, uns turistas a través dunha visita guiada, infórmanse das características destes animais. Para completar esta didáctica sesión ofertaron aos grupos que fixeron de oíntes a posibilidade de pintar e recortar una fermosa balea azul. PARABÉNS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario