Unha das actividades que máis motivou ao alumnado foi a decoración das fiestras do colexio con versos e debuxos da obra rosaliana. Tamén se realizaron carteis con versos de Rosalía para colocar nos autobuses escolares, espallando así entre a veciñanza a celebración do 24 de febreiro. Outras actividades levadas a cabo podemos velas na proposta que desde a Biblioteca se levou ás aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario