martes, 29 de abril de 2025

         DÍA DO LIBRO

No Día do Libro (23 de abril) levamos a cabo o apadriñamento lector, no cal o alumnado dos cursos superiores lles leu contos aos compañeiros/as de Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Para completar esta celebración, a autora Celtia Figueiras visitou o centro para falarnos dos seus libros, especialmente daqueles que os nenos e nenas dende Infantil ata 4º de primaria leran e traballaran na aula.







No hay comentarios:

Publicar un comentario