Estes días recibimos novo mobiliario grazas á dotación do PLAMBE, trátase de dous andeis que irán dirixidos ao material lúdico co que contamos na nosa biblioteca. Esperamos que deste xeito consigamos telo máis organizado.
viernes, 27 de marzo de 2026
MALETA LITERARIA
Xa chegou ao centro a maleta literaria chea de "contos para un planeta", os cales nos enriquecerán ao longo do mes de abril; mes do libro. Xa iremos contando máis cousiñas.
DÍA DE CINE
Como remate de trimestre, organizamos sesións de cine e o alumnado dos distintos ciclos viu unha película, por suposto non podían faltar as palomitas. Seguimos deste xeito co proxecto anual da biblioteca.
martes, 24 de marzo de 2026
DÍA DA POESÍA
A UNESCO estableceu o día 21 de marzo como o Día da Poesía, entendendo esta como unha forma de expresar sentimentos, imaxinar e crear, nas distintas culturas. No centro aproveitamos esta data para iniciarnos na radio e gravar uns poemas que logo sonaron pola megafonía do centro toda a semana. Desde logo, resultou unha actividade moi motivadora para o alumnado, polo que seguiremos nas ondas!
martes, 17 de marzo de 2026
NOVOS FONDOS
Ao longo deste mes a nosa mascota Luíña presentou ao alumnado novos fondos. Nesta ocasión foron principalmente en libros en inglés e sobre o coidado do medio aproveitando que comezamos coas tarefas de plantar, introducir o colector marrón... e por suposto non podían faltar xogos para a biblioteca.
martes, 10 de marzo de 2026
8 M
Mulleres da ciencia, do ensino, do cine, do deporte, da pintura, da política, da medicina e da música. Cada unha coa súa historia e todas elas importantes en Galicia. Cada aula investigou unha destacada en cada ámbito para logo presentalas ao resto de compañeiros/as.
viernes, 6 de marzo de 2026
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, para iso cada neno/a preparou un pareado, un poema, un debuxo ou unha palabra representativa da autora ou da súa obra para formar así o Xardín de Rosalía.
As diversas actividades que aparecen neste blog están destinadas a fins educativos. Se por calquera motivo: dereitos de autor, imaxe...consideras que algunha delas é inadecuada, fáinolo saber para retirala. Grazas