Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANUAL 2018/2019: O UNIVERSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANUAL 2018/2019: O UNIVERSO. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de enero de 2019

O PLANETA TERRA: ALUMNADO DE 3º

Dentro do proxecto anual da biblioteca: "O UNIVERSO", o alumnado de 3º ten que procurar información relacionada co planeta TERRA. O punto de partida foi a elaboración dun gran mural colectivo con información sobre o tema. Realizouse tamén algunha manualidade para reflectir os tamaños da Terra, o Sol e a Lúa e os distintos movementos. Outra das actividades,  foi a elaboración dun comecocos (típico xogo infantil) na que combinaron a destreza no pregado do papel coa procura de información. Outra tarefa foi a realización dun colar na que plasmaron os tamaños e as cores dos distintos planetas do Sistema Solar.
Dar as grazas ás familias que se implicaron no tema e enviaron unas fermosas maquetas do Sistema Solar.
Agora agardamos en breve poder expoñer esta información ao alumnado doutros cursos.
VERÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

 

martes, 1 de enero de 2019

SEGUIMOS PROCURANDO INFORMACIÓN SOBRE O UNIVERSO

Unha vez expostos os novos fondos sobre o universo, por cursos baixamos á exposición situada á entrada da biblioteca e  procuramos información tanto nos libros, como no gran mural colectivo, ... e outros elementos que alí están expostos...



 

domingo, 16 de diciembre de 2018

PRIMEIRAS IMAXES DA EXPOSICIÓN DE LIBROS DO UNIVERSO

Impresionante...ide xa reservando as sesións que precisedes para gozar de todos estes materiais.



 

EXPOSICIÓN DE FONDOS DO UNIVERSO

Tal e como vos comunicou  a avelaiona Luíña,  a través dos carteis que fixo chegar a cada clase,  xa podedes visitar a exposición de libros sobre O UNIVERSO. A maioría son de nova adquisición: libros para ler na escuridade, pop-ups,cargados de información...
E SORPRESA!!!!... PODEREDES VER, TOCAR E APRENDER AS PARTES DUN TELESCOPIO QUE ATOPAREDES NA EXPOSICIÓN.

sábado, 8 de diciembre de 2018

MURAL: O UNIVERSO

E xa loce na entrada ao centro, e moi pretiño da biblioteca dando inico ao Proxecto Anual  un fermoso mural sobre o universo con diversos  e curiosos datos. A SEGUIR INVESTIGANDO!
(Recordade, como sempre,  que cliqueando na imaxe podedes vela máis grande).
 

viernes, 30 de noviembre de 2018

BENVIDOS AO NOVO CURSO!


Luíña xa está volvendo das súas vacacións nas que visitou a  todos os  animais que coñecemos o curso pasado. Dentro de pouco terémola de volta na nosa biblioteca favorita e chegará cargada de sorpresas. Que emocionante!




Onte enviounos esta foto onde aparece unha pista do novo proxecto sobre o que investigaremos neste novo curso.  Serás capaz de descubrilo?

Sorte e ata pronto!


jueves, 22 de noviembre de 2018

Con Luíña ao noso carón, o Universo mola mogollón.

 
O alumnado de 1º de primaria xa comezou coa súa investigación sobre o Sistema Solar, da man de Luíña. Están facendo uns traballos moi visuais e creativos que chaman a atención de todos os seus compañeiros e compañeiras. Parabéns!