A piques está de rematar o curso e chegar o merecido descanso: O VERÁN. Desexamos que gocedes moito, pero nos esquezades de mantervos informados a tavés dos libros. Por iso vos deixamos estas recomendación lectoras: (cliquea no cadrado par ver ben os títulos)
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN LECTORA RECOMENDÁMOSCHE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN LECTORA RECOMENDÁMOSCHE. Mostrar todas las entradas
jueves, 8 de junio de 2017
viernes, 26 de febrero de 2016
CANCIÓN "AVOA MARÍA"
Déixovos un enlace a unha das cancións "A avoa María" do CD de música infantil "O TEMPO DOS XOGOS" por Gabriel Riveiro e Ramón Raíndo. Fermosísima canción na que colaboraron alumnas e alumnos dos distintos centros de Boiro. PARABÉNS!
viernes, 21 de noviembre de 2014
O AROMA DO LIQUIDÁMBAR
O alumnado de 5º e 6º no plan anual de lectura van a traballar o libro de An Alfaya: "O aroma do liquidámbar". A autora visitará a biblioteca Avelaiona Luíña no terceiro trimestre para ter un encontro coas nenas e nenos destes cursos. Hoxe realizaron a primeira das actividades:
martes, 11 de diciembre de 2012
RECITANDO A CELSO EMILIO
Seguimos coa conta atrás. Mañá 12 do 12 ás 12 temos unha cita na Biblioteca, tal e como volo contaron as vosas titoras e os vosos titores. Si, imos celebrar un recitado colectivo sumándonos a unha das moitas propostas da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega. Formaremos parte dunha rede de colexios, escolas infantís, institutos,...que ao igual que nós estarán debullando as verbas deste ilustre galego.
Aproveito para deixarvos o enlace a unha sinxela presentación que veremos para recordar a vida e obra deste autor.
sábado, 31 de marzo de 2012
CONTOS E MÚSICA
A través da editorial Kalandraka o alumnado de infantil e 1º ciclo gozou dunha estupenda sesión de contos e música: A familia C, O mago de goma e Pancho foron os contos narrados. A combinación da música, a magnífica narradora xunto coa colaboración do alumnado con palmas, cantando...convértena nunha actividade moi interesante.
viernes, 30 de marzo de 2012
HISTORIAS SECRETAS EN LA NOCHE
Durante o segundo trimestre, na clase de 6º estivemos traballando o libro Historias Secretas en la Noche escrito por Joan Manuel Gisbert, un dos escritores máis representativos da lingua española. O libro está ilustrado por Francisco Solé.
Trata a historia de Konrad, titular do señorío de Warlavia, que decide convocar un singular concurso de narradores. Despois de moito buscar por terras lonxanas, encontrará a dous candidatos, un home e unha muller, de moi distintas orixes, Ismal e Nubis. Durante unha noite, contarán historias incribles que farán que Konrad teña que tomar una decisión moi complicada.
Lémolo aproveitando o tempo de lecer, en voz alta e coa axuda da mestra como guía, explicándonos o significado dalgunhas palabras e expresións que descoñeciamos. Ao remate realizamos unhas fichas de comprensión lectora que contiñan diversas actividades de ampliación.
Unha delas realizámola en conxunto, formando grupos de catro persoas. Tratábase de inventar unha pequena historia utilizando unha serie de palabras relacionadas coa lectura. Co obxectivo de traballar a lectura nas diferentes áreas tamén realizamos o noso propio castelo, como un traballo máis de educación artística.
En canto ás ilustracións pódese dicir que son imaxes perfectamente acordes ao tema do libro, en tons apagados e sobrios que nos ambientan a difícil situación que vivían os protagonistas.
O libro está estruturado dun xeito pouco habitual, xa que existe unha historia principal que engloba outras secundarias, o que fai que o libro sexa máis entretido á hora de lelo e o converta nunha obra singular que dou pé a numerosos comentarios.
A lectura, os comentarios e os traballos que fixemos enriquecen o valor que o libro ten de seu ao poder compartilo cos demais.
A clase de 6º recoméndalle a todos/as que lean, desfruten e ao mesmo tempo aprendan con este libro, cargado de fermosas expresións, emocións, sentimentos… Desfrutade da lectura coma nós tamén o fixemos!
Alumnado de 6º

miércoles, 29 de febrero de 2012
XIRANDO COAS PERSONAXES
A partires das personaxes do libro "Ti non xogas" fixemos un brinquedo: ao ir xirando imos vendo a Grolo, Suso, Róber, Carme, Phanti...
Publicado por
Biblioteca Cespón
0
comentarios
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA RECOMENDÁMOSCHE,
AUTORES/AS
TI NON XOGAS!
Mañá, xoves 1 de marzo, visitará o noso centro o escritor Silvestre Gómez Xurxo. O alumnado do 2º ciclo estivo traballando o libro: "Ti non xogas!": Róber non deixa xogar a Suso...menos mal que chegou a pantasmiña, a embaixadora da paz, Phanti e entón..
Estivemos traballando arreo: realizamos actividades escritas, elaboramos pantasmiñas, fixemos un xiratorio...e mañá tamén haberá sorpresa. Xa seguiremos informando. De momento deixamos algunha imaxe.
Estivemos traballando arreo: realizamos actividades escritas, elaboramos pantasmiñas, fixemos un xiratorio...e mañá tamén haberá sorpresa. Xa seguiremos informando. De momento deixamos algunha imaxe.viernes, 3 de febrero de 2012
INVERNO
o alumnado do 2º ciclo a través das familias realizou unha recompilación de poemas, adiviñas, refráns e ditos...relacionados co inverno. Logo, na biblioteca buscaron poemas "As catro estacións" de García Teijeiro, no apartado do inverno proporcionounos moito material. Tamén manexamos libros de información para elaborar un .."Sabías que...? con ideas moi sinxelas do que acontece no inverno. Para colgar, poemas, nubes, gotas de auga, relampos,...empregamos algo moi típico do inverno: un paraugas! Mellor que o vexades!
jueves, 26 de enero de 2012
NOVOS FONDOS
Ao noso Centro os Reis Magos chegaron cun pouco de retraso, pero o importante foi que nos agasallaron con moitas novidades. Os/as colaboradores/as da Biblioteca foron os encargados de levar as caixas de libros aos respectivos ciclos. Ah! Non faltaba unha carta de Luíña contándolle moitas cousas. Agora, dende a Biblioteca desexamos BOAS LECTURAS!
domingo, 1 de enero de 2012
CONTACONTOS
O alumando de infantil asistiu na Biblioteca a unha sesión de contacontos. Alumnado de 6º preparou o conto: "O que escoitou a xoaniña". Alumnos e alumnas de 3º: "A que sabe a lúa" "O rato e os ventos".
PRESENTACIÓN CD
Na semana anterior ás vacacións de Nadal, os distintos cursos pasaron pola Biblioteca para escoitar e cantar co CD: "Xa me tardan estes magos". A través do programa Karafun e a modo de karaoke disfrutamos coas voces de Mamá Cabra e os poemas de Antón Cortizas, García Teijeiro, Gloria Roel, ...
viernes, 30 de diciembre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)