Mostrando entradas con la etiqueta A MULLER NA CIENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A MULLER NA CIENCIA. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de mayo de 2023

Dr. Sonia Villapol.

Boas de novo! 

Seguimos presentando traballos relacionados co proxecto de biblioteca deste ano. Neste caso, son os nenos e nenas de 1º de Primaria os que estiveron enredando coa ciencia. 

Concretamente investigaron á:

Dra. Sonia Villapol Salgado

Neurocientífica galega afincada en Houston que anda na procura de tratamentos para danos cerebrais.

E fixeron este bonito mural con toda a información! Parabéns rapazas e rapaces! Bo traballo!


jueves, 18 de mayo de 2023

Mulleres inventoras

 
 
Hoxe pasámonos por aquí para amosarvos o fantástico traballo que realizaron os máis pequenos do cole.  Recordar que o noso proxecto de biblioteca deste ano trata sobre a ciencia e ten por título: "Coa ciencia experimentando, imos enredando". 
No segundo trimestre o alumnado investigou sobre algunha científca e os seus inventos e descubrimentos. 
O alumnado de 3 anos investigou e descubriu un montón de inventoras! E elaboraron este fermoso mural. Grazas rapazada por compartir con todos e todas o voso traballo!
Esperamos que vos guste!

domingo, 16 de febrero de 2020

FIGURAS OCULTAS

Hidden Figures é un filme biográfico estadounidense de 2016 dirixido por Theodore Melfi e escrito por Melfi e Allison Schroeder. Está baseado no libro de non ficción do mesmo nome de Margot Le Shetterly. Taraji P. Henson no papel de Katherine Johnson é unha matemática afroamericana que calculou as traxectorias de voo do proxecto Mercury e o voo á Lúa do Apolo 11 (1969). No filme tamén participan Octavia Spencer, Janelle Monáe, Kevin Costner, Kirsten Dunst e Jim Parsons. O filme estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2016. En España a estrea produciuse o 20 de xaneiro de 2017 coa dobraxe en castelán (Figuras ocultas)[4]. As tres mulleres conseguen converterse nas primeiras mulleres afroamericanas en alcanzar metas ata entón imposible. Ademais do xa citado logro de Katherine Johnson, cómpre salientar que Dorothy Vaughan conseguiu ser a primeira supervisora dos servizos de IBM na Axencia, mentres que Mary Jackson se converteu na primeira muller en ser enxeñeira aeroespacial dos Estados Unidos.