Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023: Francisco Fernández del Riego

Onte, venres 19 de maio, clausaramos a semana das letras coa realización de actividades complementarias que xiran arredor da figura do autor homenaxeado este ano: Francisco Fernández del Riego. Así como con costumes e xogos propios da nosa terra. Unha das actividades foi a degustación de tortilla sen cebola. Ademais, servíronse rosquillas, un dos postres presentes na maioría das romarías. 
Dende aquí queremos agradecer ás familias a vosa colaboración! 

Compartimos un vídeo con algúns dos momentos do día! Esperamos que vos guste!

domingo, 5 de junio de 2022

LETRAS GALEGAS, 2022

 Seguimos con máis entradas das Letras Galegas.

Nesta ocasión deixámosvos momentos vividos no patio:

- XOGOS POPULARES

-BAILE TRADICIONAL GALEGO

- DEGUSTACIÓN DE EMPANADAS

-ENTREGA DE LIBRETAS, ADHESIVOS, AGASALLOS,...

CLICA NA IMAXE!





martes, 17 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS, 2022: FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Foron varias as actividades levadas a cabo en torno a vida e a obra do autor homenaxeado neste ano. 

. Xa no mes de xaneiro se elaborou un calendario anual  con poemas e debuxos feitos polo alumnado en torno a súa obra (este calendario está circulando polos fogares do noso alumnado).

. Realizouse un mural colectivo destacando algúns datos da vida do autor, acompañados de varios dos seus poemas.

.Botamos mans das sempre benvidas actividades do SEMINARIO GALÁN, tanto en formato papel como dixital.

. Elaborouse o comecocos proposto por esta entidade,..

E CELEBRAMOS O FIN DE FESTA ... 

- ACTUACIÓN DO GRUPO ABELOIRA

- XOGOS POPULARES

- DEGUSTACIÓN DE EMPANADA

- CANCIÓN TERRA DE TANXUGUEIRAS

Pero todo isto ben merece outra ENTRADA. En breve!!!!!





martes, 1 de junio de 2021

OS MONIFATES

Os Monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. 

Aínda que só se vexa un dúo, créase amplitude grazas á variada instrumentación que empregan: o eixo central está formado pola gaita tradicional, o bombo e a zanfona, intercalando entre as melodías outros trebellos coma o pínfano, os punteiros, ou a gaita tumbal do século XIX, ademais de diversa instrumentación de percusión como culleres, castañolas de peito, táboa de lavar...

As súas actuacións contan coa colaboración dos máis diversos bailaríns (monicreques), un porquiño, un galo,..


No CEIP Cespón quixemos poñer remate a Semana das Letras na compaña destes excelentes e algareiros músicos.

Escoitade, escoitade!!!!



LETRAS GALEGAS, 2021

O Equipo da biblioteca traballou de xeito conxunto co Equipo de Dinamización da Lingua.

Enviáronse ás clases as propostas de actividades para festexar a Semana da Letra, como vos diciamos   en entradas anteriores, e aquí recollemos neste vídeo parte desas tarefas realizadas de xeito conxunto, sempre tendo en conta as normas Covid.



lunes, 17 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Esta é a nosa proposta para celebrar o Día das Letras Galegas, 2021.

En breve comezaremos a subir vídeos das actividades levadas a cabo ao longo da semana.

Preme na imaxe!



domingo, 17 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS, 2020: CALENDARIO 2020

Tomando como base libro "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" de Carballo Calero confeccionamos o calendario deste curso. Empregando diversas técnicas plásticas con materias de regufallo en consonancia co Proxecto Anual da biblioteca: "O MUNDO QUE TEMOS, O MUNDO QUE QUEREMOS" as distintas titorías elaboraron as portadas de cada mes do ano, no que  aparecen diversos animais domésticos.
Tamén botamos man do refraneiro galego para facer referencia  a cada un dos meses do ano.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
 
 
 

ALUMNADO DE PRIMEIRO: CARBALLO CALERO

O alumnado de primeiro realizou traballos plásticos coa caricatura do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2020.
PARABÉNS!
FELIZ DÍA DAS LETRAS!



sábado, 16 de mayo de 2020

AS NOSAS PALABRAS

Unha das actividades propostas ao alumnado para celebrar o mes da Letras, foi decorar unha palabra da nosa lingua.
Sabemos que o galego non debe reducirse a palabras bonitas. A nosa lingua é moito máis que unha suma de palabras, pero dadas as actuais circunstancias vimos que esta actividade é doada de levar a cabo facendo así un proxecto colaborativo de visibilidade da nosa lingua.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN! FERMOSOS TRABALLOS.





 
 

 
 


 
 
 
 
 

martes, 12 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS, 2020

Comezamos coa celebración do Día das Letras Galegas...e como aperitivo deixamos un fermoso cartel con ilustracións feitas a partires de materiais reciclados (caixas, pratos de cartón,..) de Carballo Calero e unha pequeña reseña da súa vida.
 


jueves, 23 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS , 2019

Chegou o mes de maio, o mes das flores, o MES DAS NOSAS LETRAS!!  Este ano coñecemos a figura de Antón Fraguas, autor homenaxeado. Realizamos distintas tarefas para axudarnos a comprender a importancia deste gran mestre na defensa da nosa lingua; gran coñecedor e recompilador nas nosas costumes, tradicións,..
E para rematar esta gran semana das LETRAS...FESTA RACHADA NO COLEXIO: xogos populares, chapas, debuxos,...e á nosas cancións de sempre co libro " A VOAR" musicado por Cé orquestra pantasma"



 

domingo, 20 de mayo de 2018

FEIRÓN LETRAS GALEGAS, 2018

Aquí vos deixamos un anacos de momentos vividos durante o feirón adicado ao Día das NOSAS LETRAS. Agradecer a ANPA a súa axuda, ao profesorado e persoal non docente pola súa gran adicación  para que todo estivese funcionando correctamente. Pero sobre todo,  GRAZAS A VÓS: NENAS E NENOS,  pola ilusión e gañas que poñedes en todo aquilo que se vos propón: FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
 

VÍDEO: "CAN BRANCO, CAN NEGRO"

O alumnado de 6º B realizou unhas fermosas ilustracións e puxo as súas voces para rendir a súa homenaxe a autora das LETRAS, Mª Victoria Moreno e realizar este cariñoso vídeo.
PARABÉNS!


jueves, 29 de junio de 2017

PISAPAPEIS CARLOS CASARES

Unha actividade máis enmarcada no Mes das Letras foi a elaboración de pisapapeis na que destacaba a figura da Galiña Azul. Outras titorías,  decantáronse por decorar as pedras con animais seguindo o Proxecto da Biblioteca.

 

 

martes, 25 de octubre de 2016

ALAMANAQUE CARLOS CASARES

O Equipo de Dinamización da Lingua propuxo a actividade de realizar un calendario para homenaxear o autor das Letras Galegas, 2017: CARLOS CASARES. Cada titoría elaborou un debuxo relacionado cun libro deste autor. Conxuntamente coa Biblioteca fíxose un calendario para cada aula. A idea é de que no mes de novembro comece a ir polas casas das familias a través das nenas e dos nenos.
A portada, elaborada polos máis pequenos e pequenas do centro mostra a foto de Carlos Casares rodeado de varios elementos que dan vida as catro estacións do ano. Cada aula introduciu distintos elementos ( palla, arame, tapóns, plastilina,... ) na confección das portadas de cada mes! PARABÉNS!
   


 
  

sábado, 21 de mayo de 2016

HOMENAXE A MANUEL MARÍA

Unha idea moi orixinal foi levada a cabo dentro do feirón celebrado o venres 20 de maio. O alumnado de 5º e 6º coa axuda do profesorado confeccionou a palabra LETRAS GALEGAS, 2016  a partires das cartolinas das caricaturas dos autores e autoras homenaxeados/as ao longo de todos os anos no Día das Letras Galegas. O esforzo e o traballo quedan moi ben plasmados nestas estupendas e logradísimas letras. LETRAS que, sen dúbida, queremos adicar a este extraordinario galego:  Manuel María.

miércoles, 18 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS NA RÚA PEONIL

Alumnado do noso centro, xunto con nenas e nenos dos outros centros de primaria do Concello, colaboraron nun acto organizado polo Departamento de Cultura do concello de Boiro e pola escola de música, para festexar o Día das Nosas Letras: recitado  de poemas, cancións, elaboración de marcapáxinas ...GRAZAS AS FAMILIAS POR FACER POSIBLE QUE NUN DÍA FESTIVO  PUIDESEN ACHEGAR AO ALUMNADO E PARTICIPAR NO ACTO! Parabéns a Emily, Nicole, Laura, Inés, Miah, Raúl, Elena, Uxía. Lara  e Marta QUE REPRESENTARON ao CEIP Cespón.

domingo, 15 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS, 2016

Diversas actividades foron as realizadas en torno a extraordinaria figura das Letras Galegas,  2016.  Tivemos a honra de poder traballar co noso alumnado esta excepcional figura,   mediante a recompilación de información da vida e obra de Manuel María, realización de caligramas con moitos dos seus poemas, recitado dos seus versos, realización de debuxos dos seus poemas, confección de distintos murais, marcapáxinas,...
 
 
 

 

miércoles, 11 de mayo de 2016

VIDEO BOLBORETA

O alumnado de 4º recita o poema bolboreta de Manuel María. Tamén podemos observar as bolboretas que confeccionaron en traballos de plástica. PARABÉNS NENAS E NENOS!


martes, 10 de mayo de 2016

MARCAPÁXINAS POEMAS MANUEL MARÍA

O alumnado de 4º realizou  marcapáxinas con estrofas de poemas de Manuel María. Logo,  fixeron os debuxos que van plastificados e pegados con cinta adhesiva ao marcapáxinas. Pode ser una boa actividade para os máis pequenos/as, asociando os versos con cada un dos debuxos correspondentes: A Lúa, O grilo, O afiador, A roda-roda, a boneca, o chifre,...