Unha actividade máis enmarcada no Mes das Letras foi a elaboración de pisapapeis na que destacaba a figura da Galiña Azul. Outras titorías, decantáronse por decorar as pedras con animais seguindo o Proxecto da Biblioteca.
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANUAL 2016/2017: OS ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANUAL 2016/2017: OS ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
jueves, 29 de junio de 2017
PISAPAPEIS CARLOS CASARES
Publicado por
Biblioteca Cespón
0
comentarios
Etiquetas:
LETRAS GALEGAS,
PROXECTO ANUAL 2016/2017: OS ANIMAIS
domingo, 28 de mayo de 2017
SAÍDAS CULTURAIS
Este curso todas as saídas culturais de maio foron organizadas tendo en conta o Proxecto anual da biblioteca: OS ANIMAIS
. O alumando de 1º e 2º visitou o Acuario de O Grove, paseou en catamarán e o gozou coas vistas desde o mirador do monte Siradella.
. O alumnado de 3º e 4º visitou o museo de historia natural de Santiago e a exposición "Da árbore a cadeira".
.O alumando de infantil achegouse a pasar unha gran xornada á granxa escola Bergando en Negreira.
(En breve subiremos as fotos á paxina web do centro)
miércoles, 10 de mayo de 2017
COMEDEIROS PARA PAXAROS
E seguindo co Proxecto anual sobre os animais e en colaboración coas actividades de Voz Natura o alumnado de 5º B e 2º de primaria elaboraron uns comedeiros para paxaros, que penduramos das árbores dos xardíns. Nas seguintes fotos podedes observar, por exemplo, o proceso de elaboración dos comedeiros do alumnado de 2º. No caso do alumando de 5º B as familias colaboraron na súa confección.
Moi fermosos! PARABÉNS!
domingo, 29 de enero de 2017
NA PROCURA DE INFORMACIÓN
Como xa viñemos anunciando despois da excelente acollida da exposición sobre a bolboreta monarca, neste caso continuamos coa segunda exposición do curso: "GALICIA BIODIVERSIDADE". Son 18 paneis explicativos sobre a flora e a fauna de Galicia con fermosas ilustracións: especies en perigo de extinción, curiosidades das nosa plantas e animais...e a acción humana, non sempre positiva cara a estas marabillas da nosa contorna. O alumnado xa comezou este fascinante percorrido, buscando información, ampliando o seu vocabulario,..
domingo, 22 de enero de 2017
domingo, 8 de enero de 2017
ANIMAIS DAS FRAGAS GALEGAS
O alumnado de 3º de primaria realizou procuras de información para elaborar diversos traballos sobre animais das fragas galegas: o raposo, o lobo, o esquío, o grilo,... Esta información, xa foi exposta de xeito oral aos compañeiros e compañeiras do curso. Neste segundo trimestre recolleremos esta información en vídeos e visitarán distintos cursos presentando as curiosas características dos animais traballados.
Para ler pon a pantalla en grande na marxe inferior dereita, no cadrado.
Para ler pon a pantalla en grande na marxe inferior dereita, no cadrado.
domingo, 20 de noviembre de 2016
OS ANIMAIS NAS ÉPOCAS FRÍAS
E seguimos investigando sobre os animais. Chegamos ao tempo frío e algúns animais cambian a súa forma de vida. Pincha no cartel para acceder á nova proposta. ADIANTE!
viernes, 14 de octubre de 2016
O NOSO SLOGAN
E despois de pensar e pensar slogans, presentalos,... e consensuar cal nos convencía máis, o alumnado xa o ten claro. ESTE É O SLOGAN DO PROXECTO ANUAL QUE NOS ACOMPAÑARÁ EN MOITAS DAS ACTIVIDADES!!!
jueves, 6 de octubre de 2016
OPERACIÓN MONARCA
Como ben nos recorda o slogan deste Proxecto: "Sobre os animais imos falar e Luíña váinolos presentar", comezamos coa presentación da bolboreta monarca. A través da fundación CEIDA recibimos cinco grandes paneis cargadiños de interesantísima información e moitas ilustracións. Agora tócanos a nós informarnos. Hoxe, dúas alumnas (Nicole e Alexandra) e un alumno (Raúl) de 5ºB xa estiveron avanzando información e expoñéndoa para o alumnado de 3º.
MOITAS GRAZAS!!!!
jueves, 22 de septiembre de 2016
BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO!
Xa estamos de volta. Luíña xa nos ten varias actividades preparadas. Este curso quere compartir con nós moita información sobre os seus familiares: O MUNDO DOS ANIMAIS! Como ben sabedes xa estamos á procura do solgan. Adiante !!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




