martes, 11 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO

Seguimos coa conta atrás. Mañá 12 do 12 ás 12 temos unha cita na Biblioteca, tal e como volo contaron as vosas titoras e os vosos titores. Si, imos celebrar un recitado colectivo sumándonos a unha das moitas propostas da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega. Formaremos parte dunha rede de colexios, escolas infantís, institutos,...que ao igual que nós estarán debullando as verbas deste ilustre galego.
Aproveito para deixarvos o enlace a unha sinxela presentación que veremos para recordar a vida e obra deste autor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario