martes, 22 de noviembre de 2011

VIDEO-PRESENTACIÓN

Aquí vos deixo o vídeo da presentación do Proxecto anual da Biblioteca: Coidemos o Planeta! Nós podemos! que estes días estamos a traballar nas distintas titorías, guiados da man da nosa mascota Luíña que nos presenta moitas das diapositivas. Xa sabedes que a presentación consta de tres partes: unha explicación de todo o traballo de reciclaxe que estamos levando a cabo entre todos e todas, unhas fermosas imaxes da natureza en contraposición con outras que demostran que o Planeta está enfermo. Notaredes neste vídeo que falta a canción de Huecco "Dáme vida". Abaixo déixovos o enlace. E recordade, MÚSICA E DEPORTE SON AS ENERXÍAS MÁIS LIMPAS! ECOSAÚDOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario