lunes, 11 de marzo de 2013

ENCONTROS DO PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012/2013

O venres, 8 de maio celebráronse no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago os encontros do Plambe 2012/2013. Josep Tornero falounos dos novos medios e novas estratexias de alfabetización. Na mesa de experiencias, a que asistín, o compañeiro Santiago Dans do I.E.S Poeta Díaz Castro presentounos unha experiencia de lectura moi interesante. Antonio Rodríguez ensinounos a falar con "palabras de chocolate fundido". Pola tarde, reunións por zonas: intercambio de experiencias! Para clausurar as xornadas chegou a maxia, a dozura, a voz da experiencia, o compañeiro, o comprometido coa súa terra e coas súas xentes,...o estupendo mestre e escritor: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ!
Non quero rematar esta sinxela crónica sen dar as grazas a xente que estivo na organización. Un saúdo especial a Leonor, Cristina e Pilar que aí seguen, ano tras ano, dándonos alento, infundíndonos ánimo. E agora si,  xa remato! Pero non sen recordar a cita de Cunqueiro coa que nos agasallou  Agustín: "O home precisa,  como quen bebe auga, beber soños"

No hay comentarios:

Publicar un comentario