domingo, 24 de noviembre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA

O cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todo os anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro), este ano leva por slogan " LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR". Trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de Patricia Castelao.
O Proxecto Anual da Biblioteca Avelaiona Luíña, este curso leva por lema "Se sobre ciencia queres aprender, á nosa biblioteca tés que vir ler", co que este fermoso e didáctico cartel vén a  reforzar  o noso traballo.


 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario