Marilar Aleixander estivo o día 12 na nosa biblioteca e falounos dos insectos; a charla tiña por título "Benqueridos insectos". Ben, temos que aclarar que non estivo de xeito físico, estivo a través dunha videoconferencia organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización. Máis de cen colexios estivemos conectados co despacho da profesora Marilar Aleixander na Universidade de Santiago de Compostela. Tivemos algún problema de son, pero a experiencia resultou moi novidosa: a información moi interesante, con moitas curiosidades,... vimos como os colexios escribían as preguntas e Marilar ía contestando. Ademais esta charla está relacionada co Proxecto Anual da Biblioteca Avelaiona Luíña. PARABÉNS E SAÚDOS PARA TODAS E TODOS OS QUE COMPARTIMOS ESTE NOVIDOSO XEITO DE INFORMARNOS.
viernes, 15 de noviembre de 2013
MARILAR ALEIXANDER NA NOSA BIBLIOTECA
Publicado por
Biblioteca Cespón
Etiquetas:
PROXECTO ANUAL: Se sobre a ciencia queres aprender á nosa biblioteca terás que vir ler!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario