viernes, 1 de mayo de 2015

A RECICLAXE: MURAL DA PRIMAVERA

Dentro das  múltiples e variadas actividades que vimos realizando dentro do Programa Voz Natura, neste caso imos visualizar imaxes de animais, flores, ...propios da primavera. Todo está elaborado  a partires de materiais reciclados. Carteis de concienciación, bolboretas, xoaniñas, eirugas, tartarugas, ras, flores...dan colorido a un fermoso mural que podemos atopar no corredor do centro.

   Ábrese un gromo
nace unha flor
a primavera
ole a calor.
Tódalas plantas
falan
de amor.
Primaveiriña,
que ledo
        estou!!        
                                     García Teijeiro

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario