viernes, 27 de noviembre de 2015

A AMEIXA DE CARRIL E A EMPANADA DE BANDEIRA: CUARTO DE PRIMARIA

As nenas e os nenos de 4º B presentaron hoxe ao alumnado de 5º e 6º os seus dous  primeiros temas do Proxecto Anual da biblioteca: "As ameixas de Carril" e "A empanada de A Bandeira". Dúas localidades non moi distantes e que coinciden na celebración das súas respectivas festas no mes de agosto. Aínda que estaban moi nerviosas e nerviosos por ter que falar para alumnado maior, pronto se relaxaron e realizaron unha excelente exposición. Rematamos cantando todos/as PAN DE MILLO do grupo Migallas.
Agradecer ás familias a axuda á hora de favorecer que o alumnado se poida reunir para realizar actividades encamiñadas a recompilación da información e tamén agradecer moi especialmente  á familia de Laura as fotos que nos achegaron e as distintas especies de ameixas.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario