sábado, 2 de julio de 2016

TEATRO: SOPA VERDE .- ALUMNADO DE 1º

O alumnado de 1º seguiu realizando actividades relacionadas co Proxecto anual da biblioteca: "A cociña". Seguro que recordades a entrada feita neste blog, no que todas e todos elaboraron unha riquísima sopa verde. Pois ben, agora puxeron en escena a obra de teatro titulada : SOPA VERDE, na que unha colliña que detestaba toda a comida que non fose de cor verde, recibe a visita de distintos animaliños: mouchos, pitos, formigas, ratiñas, tartarugas,...que lle van levando distintas verduras e hortalizas...con todo isto a coelliña prepara una riquísima sopa da que xa non pode deixar de beber. PARABÉNS A CARLA E A TODAS E TODOS OS ALUMOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO!!!!

Tivemos a sorte de que fixeron dous pases e puidemos gozar todos os demais cursos na bilbioteca con estes actores e actrices.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario