domingo, 11 de diciembre de 2016

Obra de teatro:TITA

O alumnado de 1º e 2º asistiu a unha sesión de monicreques, na que a través destes personaxes (Tita, Lucas e a nai de Tita)  traballaron a intelixencia emocional: a felicidade, a ira e a tristeza.
Tita estaba enfadada co mundo porque seu pai marchou traballar fóra e non llo dixeron ata ese día.
Atopouse con Lucas, que tamén estaba enfadado co mundo. Entre os dous foron sentíndose mellor ata que Tita conseguiu descargar a súa ira, falando coa súa nai e contándolle o que lle ocorría.
A actividade estivo organizada polo Departamento de Cultura do concello de Boiro e tivo lugar no salón de actos da casa de cultura Ramón Martínez López de Boiro.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario