lunes, 28 de mayo de 2018

AGASALLO DE INFANTIL: LUIÑA

O curso pasado o alumnado de 5º de infantil, dentro do Proxecto Anual da biblioteca sobre os animais, comezou procurando información das avelaionas. Como todas e todos sabedes Luíña, a mascota da nosa biblio, é unha avelaiona. Foi na biblioteca onde este alumnado nos estivo informando das características e curiosidades destas aves de hábitos nocturnos. Tamén realizaron traballos plásticos coa figura da avelaiona. Pois ben, tivemos o pracer de que  agasallaran  á biblioteca coa súa fermosa avelaiona, feita con moitos elementos naturais, sobre todo follas de millo.
 
 
 
Con posterioridade o Equipo da Biblioteca recolleu a información do alumnado e a data de realización e plasmouse en dúas vistosas placas que colocamos na entrada da biblioteca.
 
 
E aquí podedes observar o traballo finalizado,  presidindo a entrada a nosa biblioteca. Grazas ao alumnado de 6º de infantil e a súa titora Raquel.
 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario