viernes, 7 de diciembre de 2018

TEATRO: A DANZA DA CHOIVA

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a Danza da choiva, un espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan o público familiar e infantil
O alumnado de 6º de infantil, 1º e 2º foron ao teatro á Casa da Cultura de Boiro a gozar desta obra de teatro. Pasaron unha sesión moi divertida na compañía doutro alumnado da mesma idade doutros centros de Boiro.

 
AGRADECER AO DEPARTAMENTO DE CULTURA A SÚA GRAN LABOR! son moitas e variadas as actividades que programan: teatro, monicreques, actuacións musicais,...

No hay comentarios:

Publicar un comentario