Pablo Nogueira visitou a nosa biblioteca para atoparse co alumnado de 1º e 2º de primaria. Despois de ler o seu libro "NUBE BRANCA" , o alumnado tiña moito interese en coñecelo e falar da fermosa historia que narra no seu libro: "Unha nena india chamada Nube Branca quería viaxar ao espazo. Pediu axuda aos amigos, pero non o conseguiu. Finalmente, o sabio Octavio deulle a solución...
O alumnado realizou un fermoso mural colectivo e recibiu ao autor cunha pluma de india nas súas cabezas. XENIAL IDEA! PARABÉNS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario