Braulio Bolechas percorre os centros escolares de toda Galicia para mostrar o que fan os escolares de educación infantil e primaria nas aulas. Vídeos curtos e áxiles, moi rápidos e divertidos, que arredor dun tema central permite recoller anécdotas e accións espontáneas dos cativos que aportan frescura e diversión, ao tempo que converte a cativada en auténtica protagonista. Deste xeito, BraulioTuber converterase no mellor altofalante do mundo escolar e na mellor homenaxe ao colectivo que está formando as futuras galegas e galegos.
E sempre coa alegría e a diversión que caracterizan os Bolechas.
Este martes 29 de outubro realizouse a gravación deste programa na biblioteca do noso centro co alumnado de 3º e 4º. O tema non foi elixido polo centro. Desde a produtora indicáronnos que o tema para falar sería a LINGUAXE DE SIGNOS.
Nun principio gustaríanos poder haber elixido o tema, xa que desde a biblioteca e as distintas aulas e departamentos estamos a levar, ano tras ano, proxectos nos que o alumnado se involucra na procura de información e na realización de moitas e variadas actividades, co cal estarían encantados/as de presentar estes temas aos demais compañeiros e compañeiras dos centros galegos
De todos xeitos quero aproveitar para dar unha vez máis os parabéns ao noso alumnado, pola boa acollida e o esforzo que conlevou o preparar un tema novidoso e nun período curto de tempo. Seguiremos ampliando información e familiarizándonos máis con esta linguaxe.
O PROGRAMA EMITIRASE EN MARZO OU ABRIL (informaremos da data exacta en canto nola comuniquen ao centro)
O PROGRAMA EMITIRASE EN MARZO OU ABRIL (informaremos da data exacta en canto nola comuniquen ao centro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario