jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTORÍA

#bescolaresgal abertas e activas

FELIZ DÍA DO LIBRO

A nosa mascota Luíña está dobremente contenta:
Por una banda, porque é o Día do Libro; e por outra banda, porque este ano escolleron para celebralo a imaxe dun paxaro, o chasco, a quen Luíña coñece moi ben por coincidiren nos seus voos no abrente do día.
Aínda que non esteamos nas nosas aulas, si nos temos que manter activas e activos, polo que, desde a nosa biblioteca vos propoñemos a elaboración dun marcapáxinas.
Segue os pasos que se indican na ilustración. Agardamos as vosas achegas!


A continuación aparece o díptico que desde Biblioteca Escolares nos achegan para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Nesta ocasión o escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
 
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
 

A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias, a quen agradecemos esta fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.  Pódese coñecer algo máis deste "chasco común"  na ligazón  https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/

CANDO ENTRES NESTE ÚLTIMO ENLACE PODERÁS OÍR OS CANTOS DE DISTINTOS PAXAROS (merlo, reiseñor, chasco,..)
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario