A noite de San Xoán ou do Lume Novo, do día
23 ao 24 de xuño, é unha das festas máis importantes en Galicia. É de
tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos
con pela e pan de millo son as protagonistas.
Nenas e nenos de 3º enviaron os debuxos das súas herbas de San Xoán.
PARABÉNS!
Moitos
ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as
fogueiras, pór un ramo de herbas de San Xoán nas portas da casa coa finalidade
de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas,...
Diferentes
herbas, aromáticas ou non, e flores recollidas a véspera de san Xoán, posúen
tamén propiedades máxicas.
Resulta
difícil establecer a lista das herbas que se han considerar como herbas de San
Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ao longo de Galicia. Si que se
adoita dar a cifra de sete herbas .
No hay comentarios:
Publicar un comentario