martes, 1 de junio de 2021

EXPOSICIÓN CEIDA

 Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) cedeunos temporalmente unha exposición formada por 19 paneis que levaba por título: O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN, na que se presentan unha serie de accións humanas que están producindo un gran cambio climático e de continuar así as consecuencias serán moi tráxitas para o Planeta e os seres vivos.
O alumnado por grupos visitou esta exposición temporal ubicada no corredor e realizou algunha actividade das  propostas desde o Equipo da Biblioteca.

Trátase de reflexionar e  concienciar do mal que, os seres humanos  o estamos facendo e como desde a escola, os nosos fogares, a nosa contorna,.. podemos poñer o noso gran de area con pequenas accións para acabar con esta desfeita.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario