domingo, 28 de noviembre de 2021

VISITAMOS A ESCOLA DE MÚSICA

O alumnado de 3º e 4º visitan a Escola de Música de Boiro. Alí o mestre Gabriel, Xoán e Ketty, mestres e mestra da escola de música fan un percorrido co alumnado polas distintas aulas e amósanlles os distintos instrumentos, con extraordinarias explicacións de como é o funcionamento de cada un deles. 

O alumnado probou nos instrumentos de percusión, xa que nos demais por protocolo COVID, no o podían facer.

O alumando quedou marabillado coa habilidade do mestre Gabriel que fixo un alarde de mestría en variados e diversos instrumentos.

A mestra de piano Ketty, amosoulles o piano por dentro, desmontándoo en  parte, para que entendesen o funcionamento por dentro. Tamén tiveron a oportunidade de facelo soar.

Pola súa parte, o profe Xoán recibiunos nas instalacións da banda de música de Boiro. Ao igual que aos anteriores, amosou a súa valía tocando variados instrumentos.

Aproveitando esta visita, tamén nos acompañaron a ver as instalacións que a Cruz Vermella ten no Centro Social.

Moitas grazas pola invitación! Foi unha saída moi interesante e entretida!



No hay comentarios:

Publicar un comentario