miércoles, 2 de noviembre de 2022

CONTACONTOS CON FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO

 O 24 de outubro, con motivo do día das bibliotecas escolares, tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca, tres sesións de contacontos desenvoltas por algunhas das familias do noso alumnado. E o certo é que foi todo un éxito! 👌

Cantas ganiñas tíñamos dunha xornada así, e como nos gusta presumir de familias participativas. 😍

O primeiro contacontos foi para o alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria, que tiveron o pracer de escoitar un montón de contos, seleccionados e interpretados por Elena (a mamá de Enzo).  Contoulles contos tan bonitos como o de "Mamá" de Mariana Ruiz Johnson, "Avós" de Chema Heras e Rosa Osuna, "Amores de gato e rato" de Toño Núñez e Susana Widmann, ou "A grande viaxe"de Anna Castagnoli e Gabriel Pacheco.








Logo, o pai e a nai de Moura contaron ao alumnado de Educación Infantil e de 1º de primaria,  o fermoso conto de "Rosa Caramelo”, empregando unhas orixinais figuriñas de papel. Ollade que fermosura!





E despois do recreo, veu Yolanda (a mamá de Sergio), que contou o conto “A pillara pillou a duna” de Amancio Losada Vicente: autor rianxeiro que vive en Boiro. O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento á lectura de Yolanda e ás bonitas ilustracións do libro. Ademais, tivemos a sorte de que o autor do libro nos firmase unha decatoria.





MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTE DÍA! 
ESTIVÉSTEDES XENIAIS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario