domingo, 23 de abril de 2023

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO


Hoxe é o día do libro, e para conmemorar este día, o venres, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, fixeron de "Padriños-Madriñas lectores/as" do alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria! 

E fixerono xenial! Grazas madriñas! Grazas padriños!

Ademais, e para agradecerlles estas lecturas, eles regaláronlles uns fermosos e orixinais marcapáxinas coa nosa querida Luiña.

Foi unha experiencia realmente bonita das que deixan unha pegada especial na memoria.

Para que vos fagades unha idea, o equipo de biblioteca preparou este vídeo. Esperamos que voso guste.


Música de Pirilampo: OS CONTOS DO PADRIÑO.

Tamén vos deixamos o cartel para conmemorar o 23 de abril de 2023 de Montse Pena Presas (Profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela).
 Montse creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, "que é unha celebración da mediación, de ser profe, bibliotecaria, mestra."

No hay comentarios:

Publicar un comentario