NOVEMBRO; MES DA CIENCIA
Comezamos o mes da ciencia recibindo a maleta de "Ciencias" das Bibliotecas Escolares. Ao longo do mes realizaremos lecturas e investigacións nos seus libros.
SAMAÍN
O martes 27 disfrazámonos para o Samaín. Comezamos elaborando sobremesas nas aulas para continuar coa súa degustación no recreo e contacontos de medo na Hora de Ler. Tamén tivemos exposición de cabazas, photocall e enterro dos nosos medos para posteriormente pola tarde continuar coa degustación en familia e desfrutar do acendido de cabazas e o terrible túnel do terror.
24 DE OUTUBRO
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. No noso centro sempre é un día que serve de punto de partida do noso PDI e de inicio das mochilas viaxeiras. Dado que este ano o slogan das bibliotecas é: da información ao coñecemento, convertémonos en exploradores para lembrar as distintas seccións da nosa biblioteca. No caso de acertar, atopabamos pezas de puzzles para formar o noso mural conxunto. En breve, comezaremos con actividades do noso proxecto.
FIN DE CURSO
Como remate final do proxecto anual da biblioteca " Co cine e a televisón, a acción chega a Cespón", o xoves 18 todo o centro desprazarémonos ao cine de Ribeira para desfrutar do estreno da película TOY STORY 5.
Vémonos para o vindeiro curso cun novo proxecto de biblioteca e máis actividades! Bo verán!