sábado 25 de febrero de 2012

GALICIA FROLIDA: UN CANTO A ROSALÍA

Lugar máis hermoso/ non houbo na terra/ que aquel que eu miraba,/ que aquel que me dera./

Lugar máis hermoso/ no mundo n´hachara/ que aquel de Galicia./ ¡Galicia encantada!/

¡Galicia frolida!/ cal ela ningunha,/ de froles cuberta,/ cuberta de espumas/

Estefanía, ex-alumna e agora compañeira en prácticas, compuxo estes fermosos acordes para acompañar as voces de Elena e Lorena de 6º. Estupendas!

video

NO DÍA DE ROSALÍA: 3º CICLO

O alumnado do 3º ciclo recitou poemas da autora. A capacidade de memorización, as dotes de interpretación...e sobre todo o resultado final dun traballo colectivo resultou moi satisfactorio. VERSOS E FLORES Á ROSALÍA!


video

viernes 24 de febrero de 2012

NO DÍA DE ROSALÍA: 2º CICLO

Aquí vos deixo o vídeo das alumnas e alumnos de 3º e 4º. Están nerviosos gravando, teñen medo a trabucarse, pero...SE SON UNS ARTISTAS! GOZADE DOS VERSOS DE ROSALÍA NAS SÚAS VOCES.

video

VÍDEO 1º CICLO: POEMAS DE ROSALÍA

O alumnado do 1º ciclo recitou uns fermosos versos da nosa xenial autora.

video

VÍDEO DE INFANTIL

O alumnado de infantil recita versos no Día de Rosalía.

video

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Mañá celebraremos o Día de Rosalía: visualizaremos os vídeos gravados con poemas de Rosalía, dende infantil ata os maiores do colexio. Logo, teremos unha actuación en directo: Estefanía, coa súa guitarra, poñerá música a un poema cantado por Lorena e Elena de 6º. Continuaremos cantando algún poema de Rosalía musicado por Amancio Prada, Luz Casal,... e por último repartiremos un díptico para as familias. Non o esquezades no DÍA DE ROSALÍA: "UN LIBRO E UNHA FLOR"
Díptico informativo enviado ás familias.



domingo 5 de febrero de 2012

ACTIVIDADES PAZ 2011

Poemas, cancións, entrega de marcapáxinas, pins con pombas da paz...foron algunhas das actividades conxuntas realizadas o 30 de xaneiro.