Onte, venres 19 de maio, clausaramos a semana das letras coa realización de actividades complementarias que xiran arredor da figura do autor homenaxeado este ano: Francisco Fernández del Riego. Así como con costumes e xogos propios da nosa terra. Unha das actividades foi a degustación de tortilla sen cebola. Ademais, servíronse rosquillas, un dos postres presentes na maioría das romarías.
Dende aquí queremos agradecer ás familias a vosa colaboración!
Dende aquí queremos agradecer ás familias a vosa colaboración!
Compartimos un vídeo con algúns dos momentos do día! Esperamos que vos guste!
PARABÉNS!! EXCELENTE TRABALLO NA SEMANA DAS NOSAS LETRAS.
ResponderEliminarÉ UN PRACER VER TODO O TRABALLO QUE ESTADES LEVANDO A CABO.
Moitas grazas polo teu comentario. É un pracer poder compartir con todos vós o traballo que realiza o marabilloso alumnado que temos no noso centro! E saber que vos gusta é moi gratificante! Grazas
ResponderEliminar