Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTRO CON AUTORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENCONTRO CON AUTORES. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de mayo de 2023

PERE TOBARUELA

 Este venres, tivemos unha visita moi especial no CEIPP de Cespón. Pasamos unha mañá moi entretida con Pere Tobaruela: autor de máis de 50 obras, que escribe en Catalán, Castelán e Galego.

Grazas Pere Tobaruela. No noso centro, sempre serás ben recibido !

 
 
  
 
 

viernes, 22 de abril de 2022

VISÍTANOS O AUTOR RIVEIRO COELLO

O autor Riveiro Coello visita a biblioteca Avelaiona Luíña para reunirse co alumnado de 5º e 6º .

Despois da lectura do libro "A VOZ DO LAGO", o alumnado  tivo a oportunidade de intercambiar ideas e opinións con este estupendo autor,  afincado dende fai anos no noso concello.

Esta actividade está enmarcada dentro da celebración do DÍA DO LIBRO.




jueves, 9 de mayo de 2019

PABLO NOGUEIRA NA BIBLIOTECA

Pablo Nogueira visitou a nosa biblioteca para atoparse co alumnado de 1º e 2º de primaria. Despois de ler o seu libro "NUBE BRANCA" , o alumnado tiña moito interese en coñecelo e falar da fermosa historia que narra no seu libro: "Unha nena india chamada Nube Branca quería viaxar ao espazo. Pediu axuda aos amigos, pero non o conseguiu. Finalmente, o sabio Octavio deulle a solución...
O alumnado realizou un fermoso mural colectivo e recibiu ao autor cunha pluma de india  nas súas cabezas.  XENIAL  IDEA!   PARABÉNS!


 

lunes, 29 de abril de 2019

ULA LÚA? CELTIA FIGUEIRAS EN INFANTIL

A autora Celtia Figueiras escenificou coa axuda duns vistosos títeres a historia do libro "ULA LÚA?" para o alumnado de infantil. Coa axuda de distintos paisaxes creados cunha estupenda montaxe captou toda a atención do alumnado.

 

 

miércoles, 21 de marzo de 2018

MARCOS CALVEIRO VISITA A BIBLIOTECA

O alumnado de 5º e 6º tivo un encontro co autor Marcos Calveiro. O libro que traballaron foi "Palabras de auga":  unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura,...un relato emocionante, cativador e conmovedor.
 

 

domingo, 21 de mayo de 2017

ANXO MOURE CO ALUMNADO DE INFANTIL

Risas, emocións e moita moita... participación do alumnado...en todas as historias que o gran Anxo Moure lles contou ao alumnado de infantil. Tan só con mirar as súas cariñas vemos o gran momento que viviron.  Historias cargadas de amor e de respecto cara á Natureza. PARABÉNS!


 

ANXO MOURE NA BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA

Chegou o gran día. Chegou Anxo Moure á nosa Biblioteca. Chegou o home que abraza as árbores,  o home que fala cos ríos...chegou unha extraordinaria persoa, ecoloxista, contacontos...
Foi una charla moi didáctica, entretida, divertida. ANXO MOURE posúe uns excelentes dotes para captar a atención das nenas e dos nenos, para engaiolalos coas súas historias de amor pola natureza. Cantou co alumnado de 1º, 2º e 3º  tres karaokes de Caramulo, Salgadiña e Coureliña. PARABÉNS POLA GRAN LABOR!
 

 

domingo, 14 de mayo de 2017

PREPRANDO A VISITA DE ANXO MOURE

O alumnado de infantil leu coas titoras e a familia o libro de Anxo Moure "Salgadiña, a estrela de Fisterra". As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria leron "Caramulo" e o alumnado de 3º elaborou un vídeo no que contaban os contos de Anxo Moure, deixaban as súas ideas sobre a gran actividade deste amante da natureza. Preparamos tamén tres karaokes coas cancións de Caramulo, Salgadiña e Coureliña. Realizamos un mural colectivo e contamos coa axuda das familias do alumnado de 2º que nos enviaron uns fermosísimos cabaliños de madeira. Todo isto para estar informados e preparar a tan esperada   visita do autor á nosa biblioteca.


 

miércoles, 10 de mayo de 2017

sábado, 15 de abril de 2017

PREPARANDO A VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE. "QUEN DÁ A QUENDA?"

O xoves 6 de abril estará na nosa biblioteca Avelaiona Luíña o escritor Héctor Cajaraville. O alumnado de 4º, 5º e 6º estivo lendo e traballando o seu libro "Quen dá a quenda?". O alumnado de 5º B plasmou por escrito un resumo con ilustracións dos distintos relatos do libro, traballou o vocabulario (aquí o vemos pendurando de nubes), elaborou poemas e sobre todo gozou da lectura compartida deste fermoso libro...Observade o gran traballo levado a cabo! PARABÉNS NENAS E NENOS POLO GRAN ESFORZO E POLA BOA ACOLLIDA DESTA ACTIVIDADE! (Para ver mellor as fotos cliquea abaixo á dereita, no cadrado)

 

 

viernes, 26 de diciembre de 2014

ENCONTRO CON MANUEL RIVAS

O alumnado de 3º trala lectura do libro "A mestra e o raposo" acudiron á Casa de Cultura  "Ramón Martínez López" de Boiro para asistir ao encontro co escritor Manuel Rivas.