Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN LECTORA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN LECTORA. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de diciembre de 2016

SEGUIMOS CONTANDO AS HISTORIAS DOS LIBROS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Nesta ocasión o alumnado de 2º e 4º percorreron ás aulas contando as historias de "Un tren cargado de misterios". Óscar e Eli de 2º fixeron que o alumnado se involucrase dando solución ás adiviñas das que se fala no libro.
Por outra banda  o alumnado de 5º B (Pablo, Héctor, David e Alexandra) a través das imaxes de "Laura e os ratos" deleitaron aos compañeiros e compañeiras do colexio con esta tenra historia.


 

domingo, 25 de octubre de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA

O noso centro non quixo deixar a ocasión de promocionar o libro coa que autora galega Ledicia Costas acaba de acadar o Premio Nacional de Literatura: "Escarlatina, a cociñeira defunta" Título que nos ven que nin pintado para o noso Proxecto Anual que xira en torno á cociña

sábado, 6 de junio de 2015

AGRADECEMENTO A ANPA

Desde a biblioteca Aveliona Luíña sentímonos moi orgullosos e queremos agradecer a ANPA que ao facer os recordos fotógraficos dos grupos de alumnos/as se acordasen da mascota da biblioteca, facendo así posible que  a nosa Luíña,  que nos acompaña en todas as actividades ao longo do ano, chegue ao fogar do noso alumnado. GRAZAS!

AN ALFAYA E O AROMA DO LIQUIDÁMBAR

O venres, 5 de xuño, An Alfaya visitou o noso centro para ter una interesante e entretida conversa co alumnado de 5º e 6º. Nenas e nenos que estiveron traballando o seu libro "O aroma do liquidámbar".
Agasallárona cunha presentación da súa vida e obra e cun gran mural do que destacaba a árbore que da título ao seu libro. Para rematar asinou cada un dos libros.
 

martes, 19 de mayo de 2015

ANIMACIÓN LECTORA

Hoxe na Biblioteca Avelaiona Luíña tivo lugar unha actividade de animación lectora. A través da editorial Consorcio o alumnado pudo gozar dunha audición musical escoitando e cantando poemas de "CARTAS DE PAPÁ". Con anterioridade, este pomas xa forna traballados nas distintas titorías, polo que as nenas e os nenos xa os coñecían.

  
 

jueves, 18 de diciembre de 2014

ENCONTRO CON MANOLO RIVAS

Hoxe, 18 de decembro o alumnado de 3º do noso centro xunto con nenas e nenos doutros colexios do concello tiveron a sorte de asistir a una estupenda e divertida experiencia de poesía e música. Manolo Rivas encandilounos co libro "A mestra e o raposo" que lles amosou acompañado dun actuación musical. Este libro formaba parte do itinerario lector destes alumnos e alumnas de 3º nivel.

domingo, 30 de noviembre de 2014

NOVIDADES

miércoles, 12 de noviembre de 2014

CIENCIA NA VIDA COTIÁ

O alumnado de 3º, 5º e 6º asistiu  á presentación do vídeo de novas de ciencia do alumnado de 5º. A continuación, presentamos experimentos realizados polos nenos e nenas de 4º.  Para rematar cantamos co libro /DVD "Xiqui, Xoque, Fiú, Fiú" da man de Alba, Carla, Desi e Adriana. GRACIAS!

 

FESTA NA BIBLIOTECA

O alumnado de infantil, 1º e 2º curso, xunto coas titoras e titores asistiron a presentación do libro CD/DVD "Xiqui, Xoque, Fiú, Fiú". Da man de Desi, Carla, Adriana e Alba (6º de primaria) vivimos unha gran festa, cantando e bailando as cancións deste fermoso e emotivo libro.
BIQUIÑOS A RUI!
GRAZAS DESI, ALBA, CARLA E ADRIANA,  ALUMNAS DE 6º,  POLO SEU ESFORZO E ENTUSIASMO!

 

PRESENTACIÓN " XIQUI, XOQUE, FIÚ, FIÚ!"


lunes, 5 de mayo de 2014

jueves, 10 de abril de 2014

O CASTAÑEIRO DE ABRIL

O alumnado do 3º ciclo, xunto cos titores e as familias levan moitos días preparando a visita de Antonio Manuel Fraga autor do libro "O castañeiro de abril", premio Merlín de literatura infantil 2013. Unha vez lido e comentado o libro,  comezan a realizar varios traballos escritos e plásticos. Proceden logo a súa exposición en corredores e na aula na que terá lugar a charla co escritor, porque a biblioteca está en obras.
Cando xa teñen todo montado convidan ao resto dos compañeiros e compañeiras para que visiten a exposición. Unha alumna de 6º explícalles os distintos elementos que realizaron para recrear a historia. Termina dicíndolles que a historia lles encantou e que é un libro que recomendarían.
O xoves 10 de abril de 2014 ás 13:00 horas Antonio Manuel chega ao centro para intercambiar ideas, opinións, ...acerca do libro. Vemos agora este gran traballo en imaxes.

jueves, 30 de mayo de 2013

COLABORACIÓN ANPA COAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Toda a comunidade educativa, pero moi especialmente o Equipo da Biblioteca estamos moi contentas pola xenial idea da ANPA do noso Centro. Con vistas ao curso que vén, deciden poñer en marcha unha mochila viaxeira máis por aula. Para iso, hoxe contamos cunha actividade moi interesante: Lola, da libraría Aenea de Santiago, estivo no noso centro presentando gran variedade de novidades ao alumnado. Durante toda a xornada, os distintos cursos visualizaron os fondos e escoitaron as historias tan maxicamente contadas por Lola. O profesorado, alumnado deixaron por escito as súas propostas. O resultado: moitos e variados fondos para as mochilas do noso alumnado. Grazas ( Guillermo, Mary, Manuel, Digna, José Manuel...) por compartir con nós os mesmos intereses e  pola vosa implicación na aprendizaxe.

jueves, 7 de febrero de 2013

NOVO ESPAZO DE LECTURA

Acabamos de preparar un recuncho de lectura á entrada do centro. Está pensada, sobre todo, para as familias. Agora, iremos ampliando os fondos destinados a pais e nais.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

CHEGOU O DÍA E A HORA: 12 do 12 ás 12

E xa ás doce todas e todos preparados para comezar o recitado: "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro. Logo veredes os vídeos, agora un entrante con fotos do acto.

miércoles, 24 de octubre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Outra das actividades levadas a cabo dentro do Día das Bibliotecas Escolares foi a elaboración de muíños de vento co slogan do Proxecto Anual: "Tempo de lendas. Lendas no tempo". Aproveitamos para presentar ao alumnado de infantil e 1º ciclo personaxes mitolóxicos a través dunha sinxela e divertida manualidade. Aquí están os/as noso/as pequenos artistas.

jueves, 15 de diciembre de 2011

CLUB DE LECTURA: BALA PERDIDA

Neste club de lectura levado a cabo co alumnado de 6º de primaria queremos propoñer a lectura de libros que conecten cos nosos intereses, que nos emocionen, que nos fagan vivir aventuras, que respondan ás nosas preguntas, que aprendamos divertíndonos, que..., que..., que...tantas cousas que mellor e poñervos xa a ler. Apuntádesvos?
















domingo, 11 de diciembre de 2011

LA GRAN FÁBRICA DE LAS PALABRAS

Bubisher é o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!! A nosa Biblioteca colabora na campaña proposta polas Bibliotecas Escolares aportando o fermoso libro "La gran fábrica de las palabras"
"Existe un país onde a xente case non fala. Nese estraño país, hai que comprar e tragar as palabras para poder pronuncialas. Diego necesita palabras para abrir o seu corazón á fermosa Aura. Pero, cales elixir? Porque, para dicir o que quere dicir a Aura, necesítase unha fortuna! Non se pode equivocar..." Un texto poético de Agnès de Lestrade, ilustrado co talento e a imaxinación de Valeria Docampo. Un regalo para os ollos e os oídos! Unha oda á maxia das palabras e unha bela historia de amor.

lunes, 28 de noviembre de 2011

HORA DE LER

Coa finalidade de dinamizar o tempo de lectura elaboráronse estes modelos de fichas. Están pensadas para o 2º ciclo, para ler de xeito colectivo na pizarra dixital e ir razoando e resolvendo as cuestións que se prantexan.



jueves, 10 de noviembre de 2011

ANIMAIS ENCANTADORES

Na vindeira semana e nos recreos escoitaremos, e como non bailaremos as melodías do libro "Animais encantadores". É un libro de Susa Herrera da editorial "Primerapersona". Ademais das letras impresas e en CD, conta cunhas fermosísimas ilustracións, ten coreografías para cada canción. O alumnado de 6º realizou en plastilina os 10 animais para axudar a presentación deste fermoso libro. Estupenda colaboración que toda a comunidade valora e o alumnado se sente moi motivado. Esperamos que sexa un éxito de asistencia. Xa o sabedes: A CANTAR E BAILAR CON ANIMAIS ENCANTADORES!