O alumnado do 3º ciclo, xunto cos titores e as familias levan moitos días preparando a visita de Antonio Manuel Fraga autor do libro "O castañeiro de abril", premio Merlín de literatura infantil 2013. Unha vez lido e comentado o libro, comezan a realizar varios traballos escritos e plásticos. Proceden logo a súa exposición en corredores e na aula na que terá lugar a charla co escritor, porque a biblioteca está en obras.
Cando xa teñen todo montado convidan ao resto dos compañeiros e compañeiras para que visiten a exposición. Unha alumna de 6º explícalles os distintos elementos que realizaron para recrear a historia. Termina dicíndolles que a historia lles encantou e que é un libro que recomendarían.
O xoves 10 de abril de 2014 ás 13:00 horas Antonio Manuel chega ao centro para intercambiar ideas, opinións, ...acerca do libro. Vemos agora este gran traballo en imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario