Mostrando entradas con la etiqueta MOCHILAS VIAXEIRAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOCHILAS VIAXEIRAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de octubre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS


Esta semana, comezaron as súas andainas as nosas mochilas viaxeiras!  
Mochilas que xa están nas vosas casas levando unha pequena selección dos fondos da nosa biblioteca, para que poidades compartir en familia. 
Agardamos que gocedes moito delas!



















 

jueves, 24 de octubre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Como vén sendo costume na nosa biblioteca, cada 24 de outubro as mochilas viaxeiras cargadas de ilusión, emprenden o camiño de cara aos fogares do noso alumnado. Recordar tamén que a ANPA participa activamente nesta tarefa: son dúas as mochilas por aula ( centro e ANPA).
RECORDA PULSAR ABAIXO Á DEREITA PARA VER AS FOTOS EN TAMAÑO GRANDE.



 

viernes, 27 de octubre de 2017

24 de outubro: AS MOCHILAS VIAXEIRAS CAMIÑO DOS FOGARES

Como todos os anos, tomando como referncia o Día da Biblioteca, as mochilas viaxeiras parten do colexio  cargadas de soños, historias, información, poesía, música...para gozar con elas. DESEXAMOS QUE PASEDES MARAVILLOSOS MOMENTOS COMPARTINDO ESTES MATEIRIAIS EN FAMILIA!!!

 

 

sábado, 29 de octubre de 2016

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Outra das actividades levadas a cabo para celebrar o Día da Biblioteca Escolar foi a posta en marcha das mochilas viaxeiras do centro e da ANPA. Nas clases máis numerosas (2º, 4º e 6º), puxéronse en marcha dúas mochilas do colexio e dúas da ANPA. Nos demais cursos, con menos alumnado,  funcionan unha de cada. O préstamo é quincenal. Esperamos que gocedes moito desta actividade en familia. (Podedes ver o vídeo en grande)

 


miércoles, 28 de octubre de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Aquí poñemos en movemento as mochilas. Dende a biblioteca Avelaiona Luíña parten rumbo aos fogares da man das nosas nenas e nenos, que durante 15 días poderán gozar en familia dos distintos fondos. esperamos que escribades, fagades suxestión, debuxos, recomendacións,...nos cadernos que van dentro de cada mochila. Agardamos que pasades moi bos ratos lendo en familia!

 

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O día 26 de outubro puxemos a andar as mochilas viaxeiras, tanto do centro como as da ANPA.  E o alumnado elaborou un traballo - plástico, ao que o Equipo da biblioteca engadiu  información para as familias dando a coñecer o tema do proxecto deste curso. Aquí vemos a Lara, de 5º, autora do slogan coas súa mochila e a información para as casas.

viernes, 24 de octubre de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe, 24 de outubro (DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR) botamos a andar as mochilas viaxeiras.  Acadamos un récord no número de mochilas:  un total de 28 chegarán hoxe ás familias do noso alumnado. Queremos recordar e agradecer unha vez máis o apoio da ANPA, nesta actividade.
Deixamos moitos dos  momentos vividos,  na xornada de hoxe, nesta pequeña reportaxe fotográfica.

 

viernes, 8 de noviembre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS A PARES!

Por fin! xa era hora! Desde a comisión da Biblioteca pedímosvos desculpas pola tardanza da posta en andaina das mochilas viaxeiras. Hoxe saíron ao lombo do noso alumnado... E por partida dobre: xa que cada curso dispón da mochila que oferta a biblioteca Avelaiona Luíña e da mochila que a ANPA puxo a funcionar en cada titoría. En cada mochila, xunto cos fondos, vai un caderno viaxeiro, no que agardamos que igual que en cursos pasados expresedes as vosas opinións, ideas, suxestións...e o que vos desexamos é UNHA FELIZ LECTURA EN FAMILIA!

martes, 22 de octubre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS ANPA

Unha máis das actividades de colaboración escola-familia. A ANPA do centro de Cespón, tras unha gran aportación económica e de tempo persoal levada a cabo durante o curso pasado para a adquisición de fondos, colabora co profesorado na preparación para a posta en marcha das mochilas viaxeiras. Dar as grazas desde o centro a todas e todos os que apostades pola promoción e difusión do gusto pola lectura. 

jueves, 30 de mayo de 2013

COLABORACIÓN ANPA COAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Toda a comunidade educativa, pero moi especialmente o Equipo da Biblioteca estamos moi contentas pola xenial idea da ANPA do noso Centro. Con vistas ao curso que vén, deciden poñer en marcha unha mochila viaxeira máis por aula. Para iso, hoxe contamos cunha actividade moi interesante: Lola, da libraría Aenea de Santiago, estivo no noso centro presentando gran variedade de novidades ao alumnado. Durante toda a xornada, os distintos cursos visualizaron os fondos e escoitaron as historias tan maxicamente contadas por Lola. O profesorado, alumnado deixaron por escito as súas propostas. O resultado: moitos e variados fondos para as mochilas do noso alumnado. Grazas ( Guillermo, Mary, Manuel, Digna, José Manuel...) por compartir con nós os mesmos intereses e  pola vosa implicación na aprendizaxe.

miércoles, 24 de octubre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, as nosas mochilas viaxeiras comezan o seu percorrido polos fogares das familias do noso alumnado.

miércoles, 12 de octubre de 2011

COMEZAMOS COAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este fin de semana as mochilas viaxeiras volverán coas familias do noso alumnado de primaria. Estamos preparando os materias para que gocedes escoitando música, consultando os libros de información, lendo o cómic, vendo a película. Desexamos que un ano máis sexa unha actividade do voso agrado e dámosvos xa as grazas pola boa acollida que están tendo, proba diso son os comentarios que nos facedes chegar, ano tras ano, no libro viaxeiro. En breve o alumnado de infantil comezará tamén coas súas mochilas. Boas lecturas!