Aproveitando esta conmemoración, o Equipo de dinamización da biblioteca da Avelaiona Luiña quere facervos as seguintes recomendacións lectoras.
jueves, 23 de marzo de 2023
8 de marzo: Día internacional da muller.
miércoles, 16 de marzo de 2022
8 DE MARZO
Para conmemorar o 8 de marzo levamos a cabo distintas propostas.
Neste caso, contamos coa colaboración das familias que caracterizaron ao alumnado de mulleres que destacaron en distintos eidos:
Rosalía de Castro, Malala, Marie Curie, Teresa de Calcuta, María Pita...e moitas máis.
Visualizando o seguinte vídeo, poderedes ver a imaxinación e enxeño que desborda o alumnado deste cole.
A canción que soa é de Sés, acompañada do grupo folck El Diluvi e leva por título: "E TI, SO TI"
Clica na imaxe
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO
Dentro das diversas actividades programadas para celebrar o DÍA DA MULLER, cada neno/a trouxo ao colexio un zapato vello da súa casa que pertencese a unha muller especial na súa vida (irmá, nai, ..).
Dentro deles fóronse colocando unhas fermosas plantas que distribuímos ao longo do xardín do centro.
Podedes ver un resumo desta actividade no seguinte vídeo con música de Sés:
" NON SON FADA NIN PRINCESA"
PARABÉNS! FERMOSA ACTIVIDADE!







