CLIQUEA NA IMAXE PARA VELA EN GRANDE
Mostrando entradas con la etiqueta CORENTENA AMENA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CORENTENA AMENA. Mostrar todas las entradas
domingo, 14 de junio de 2020
CORENTENA AMENA: MONSTROS CON MANCHAS DE CAFÉ
Minia de 3º enviou catro terroríficos monstros en distintas situacións, empregando a técnica das manchas de café.
Cada cadro ten o seu título.
PARABÉNS MINIA, POLO GRAN TRABALLO QUE LEVACHES A CABO!
sábado, 13 de junio de 2020
CORENTENA AMENA: TRUCO DE MAXIA
Diego Lijó de 4º de primaria, volve a colaborar unha vez máis no blog da biblioteca, enviándonos neste caso un truco de maxia.
PARABÉNS, DIEGO!
PARABÉNS, DIEGO!
miércoles, 6 de mayo de 2020
CORENTENA AMENA. ILUSIÓNS ÓPTICAS
Unha ilusión óptica é unha imaxe que, aínda que non se pode atopar na realidade física, é posible recreala con moito detalle nunha representación gráfica. Desta maneira, unha ilusión pode aparecer e desaparecer segundo como se mire, como se fose un espellismo.
Hai moitas formas de crear ilusións ópticas. As máis sinxelas son as que comezan sendo un plano e acaban converténdose nunha figura en volume, dunha forma imposible de crear na realidade.
O que unha ilusión óptica pretende é conseguir enganar o ollo, facéndolle crer que está a ver unha realidade errónea.
MIRA CADA AIMAXE POR SEPARADO. A VER QUE CONSEGUES VER EN CADA CASO.
lunes, 4 de mayo de 2020
CORENTENA AMENA: AÍ BEN O MAIO
Imos escoitar unha fermosa canción interpretada por Luís Emilio Batallán a partires dun poema de Celso Emilio Ferreiro. "AÍ VÉN O MAIO"
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979 foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega. A súa obra Longa noite de pedra é un dos libros máis importantes da literatura galega.
Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.
Luís Emilio Batallán González, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, é un médico e músico galego.
En 1975 publicou o disco Aí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez
.
domingo, 3 de mayo de 2020
CORENTENA AMENA: NON AOS PLÁSTICOS!
Hoxe recibimos una manualidade relaciona co Proxecto Anual da Biblioteca.
Minia, de 3º de primaria, con materias reciclables realizou esta estupenda manualidade dándolle una segunda vida a elementos da vida cotiá.
PARABÉNS, MINIA!
Minia, de 3º de primaria, con materias reciclables realizou esta estupenda manualidade dándolle una segunda vida a elementos da vida cotiá.
PARABÉNS, MINIA!
Outra aportación de Minia, a esta CORENTENA AMENA, é este trabalinguas.
TODAS E TODOS A PRACTICAR!
Publicado por
Biblioteca Cespón
0
comentarios
Etiquetas:
CORENTENA AMENA,
PROXECTO ANUAL 2019/2020: O MUNDO QUE TEMOS. O MUNDO QUE QUEREMOS!
jueves, 30 de abril de 2020
XOGOS
Hoxe propoñemos uns xogos para entreternos.
Primeiramente uns crebacabezas. Na páxina á que che leva o vínculo, elixe o que queiras. En cada un xa pon o número de pezas. Se queres podes cambiar o número de pezas do seguinte xeito: pón o cursor enriba do que queiras facer sen pulsar; aparece una frecha na esquina superior dereita. Se pós o cursor enriba aparecen dúas opcións. Pon o cursor no de arriba: Jugar como, e aparecen distintas opcións de números de pezas. Escolle a que queiras.
A segunda actividade é de lóxica. Activa o teu cerebro e intenta resolver o que che propón.
martes, 28 de abril de 2020
ACTIVIDADES NA CORENTENA
Hoxe podedes ver algunhas das actividades que máis lle gustan realizar, durante esta corentena ao alumnado de terceiro.
Hai que ter en conta que moitos/as nenos e nenas viven en casas, de aí que aparezan algún tipo de deporte:
PARABÉNS E GRAZAS POR ENVIARNOS OS VOSOS DEBUXOS!
martes, 17 de marzo de 2020
CORENTENA AMENA
👉Baixo este lema "CORENTENA AMENA" a biblioteca Avelaiona Luíña publicará a diario distintos materiais de elaboración propia e outros recompilados, para facer máis levadeiros estes días, onde todas e todos nos debemos apoiar. Coidádevos moito e axiña nos veremos nas nosas aulas.
Mércores, 22 de abril
Mentres cantamos aprendemos!
Traballo realizado nesta dura etapa de confinamento, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
CEIP Frai Luís de Granada de Sarria
Martes, 21 de abril
Hoxe quero deixarvos dous marabillosos vídeos de dous colexios, nos que se demostra o importante que é estar sempre en contacto, pero máis que nunca nesta temporada na que, a pesares de estar illados/as nas nosas casas, vémonos, comunicámonos, transmitimos un sorriso,... a través destas ideas tan orixinais.
PARABÉNS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!
ZAPATILLAS sBaia (BOIRO)
RESISTIREI CPI PROGRESO DE CATOIRA
Luns, 20 de abril
A nosa mascota Luíña púxose moi contenta esta mañá cando recibiu una nova manualidade enviada por Leila, de cuarto, que leva por título:
PARABÉNS, LEILA! esta é unha forma de colaborar e de estar en contacto coa túa familia de Cespón.
Como xa vos propuxen en ocasións anteriores, estaremos supercontentos/as de recibir debuxos, manualidades, audios... subilos ao blog e poder compartir ideas nestes días nos que, cumprindo as nosas obrigas, quedamos nas casas.
Venres, 17 de abril
Compartimos con vós catro sinxelas manualidades moi fáciles de facer.
Xoves, 16 de abril
Mentres cantamos aprendemos!
Traballo realizado nesta dura etapa de confinamento, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
CEIP Frai Luís de Granada de Sarria
Martes, 21 de abril
Hoxe quero deixarvos dous marabillosos vídeos de dous colexios, nos que se demostra o importante que é estar sempre en contacto, pero máis que nunca nesta temporada na que, a pesares de estar illados/as nas nosas casas, vémonos, comunicámonos, transmitimos un sorriso,... a través destas ideas tan orixinais.
PARABÉNS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!
ZAPATILLAS sBaia (BOIRO)
RESISTIREI CPI PROGRESO DE CATOIRA
Luns, 20 de abril
A nosa mascota Luíña púxose moi contenta esta mañá cando recibiu una nova manualidade enviada por Leila, de cuarto, que leva por título:
Como xa vos propuxen en ocasións anteriores, estaremos supercontentos/as de recibir debuxos, manualidades, audios... subilos ao blog e poder compartir ideas nestes días nos que, cumprindo as nosas obrigas, quedamos nas casas.
Venres, 17 de abril
Compartimos con vós catro sinxelas manualidades moi fáciles de facer.
Botamos man do recordo, e aló no mes de febreiro do 2016 a Escola de Música de Boiro gravaba no Parque da Cachada o tema "AVOA MARÍA" incluido no CD de música infantil "O TEMPO DOS XOGOS" por Gabriel Riveiro & Ramón Raíndo e no que participou alumnado dos colexios de Boiro.
Xoves, 16 de abril
O Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega), agrupa ás/ aos mellores narradores/as do país, que comparten contos no seu canal de Youtube para todos os públicos.
A gozar coa música
Comptine d'un autre été: l'après-midi, interepretada á marimba por dous mozos do concello: Juan Pérez e Lois Pimentel.
Comptine d'un autre été: l'après-midi, interepretada á marimba por dous mozos do concello: Juan Pérez e Lois Pimentel.
Mércores, 15 de abril
Hoxe comezamos cun conto de Paula Carballeira: O MOUCHO ABURRIDO
Martes, 14 de abril
Ola familias, nenas e nenos! Despois destes días de descanso académico, voltamos coas pilas cargadas, asumindo de novo as nosas tarefas e pensando que xa queda un día menos para poder vernos.
E COMEZAMOS DEBUXANDO...A CARA DA PANTERA ROSA
O canal KALANDRAKA TV ofrece estes INTERESANTES E VARIADOS RECURSOS
Venres, 4 de abril
O alumnado de 4º, dentro do Proxecto anual da biblioteca estaba a elaborar un vídeo onde pretendiamos dar una serie de "ECOCONSELLOS" para axudar a salvar o noso planeta Terra. Debido a situación que estamos vivindo, este proxecto quedou incompleto, pero quero valorar o seu esforzo, ganas e adicación, editando o que tiñamos ata o de agora.
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!
Hoxe, tamén quero compartir con vós dúas fermosas manualidades que nos volve a enviar Diego de 4º. A partires de botes de cristal e coa axuda da súa nai Rita, elaboraron un portafotos e o outro bote decorárono e dentro metéronlle una candea.
PARABÉNS E GRAZAS POR COMPARTIR!
Xoves, 2 de abril
Hoxe deixámosvos unha peza Thunderstruck interpretada polo grupo "2CELLOS", un dúo de dous chelistas de Croacia. Neste vídeo comezan tocando o que parece unha peza de música clásica, recreando o ambiente da época na que puido estar escrita. A sorpresa aparece cando cambian de estilo e comezan a tocar una peza de rock do grupo ACDC!
Se queredes ver como reaccionaría o burgués público de séculos pasados a esta peza rockeira,... agardade ata o final do vídeo, paga a pena (conta con máis de 170 millóns de reproducións en YouTube).
Mércores, 1 de abril
Neste primero día do mes de abril, primeiro imos oír este estupendo conto, que tanto a maiores como aos máis peques, nos encanta:
"Corre, corre, cabaciña" de Eva Mejuto e André Letria. OS CONTOS DO CAMIÑO
E agora, cantamos? Hoxe con máis forza que nunca, porque xa queda un día menos para vernos.
RESISTIRÉ do dúo dinámico- TRESCASAS-"QUÉDATE EN CASA" "XUNTOS E XUNTAS SOMOS MÁIS FORTES"
Martes, 31 de marzo
Hoxe imos escoitar una obra obra musical: LA MÁQUINA DE ESCRIBIR DE LEROY ANDERSON
Unha simpática peza para orquestra en máquina de escribir solista.
Luns, 30 de marzo
O pasado 27 de marzo celebrouse do DÍA MUNDIAL DO TEATRO.
Para commemorar esta data, déixovos un conto fermosísimo "A QUE SABE A LÚA" de MICHAEL GREJNIEC.
Foi realizado polo alumnado do CEIP Antonio Machado de Málaga, a través do teatro de sombras.
E agora a CANTAR...imos recordar a canción de Rozalén: LA PUERTA VIOLETA que tan bos momentos nos fixo vivir no cole cando todas e todos xuntos a cantamos.
Venres, 27
Cantamos con Uxía Labona e a banda molona
"Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir ás nenas e aos nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular.
"DE FESTA" E "PARABÉNS PARA TI"
A CANTAR E BAILAR CON UXÍA LAMBONA!!!!!
Xoves, 26
Chegan os primeiros froitos desta corentena amena.
Leila, de 4º, envíounos este audio recitando un trabalinguas dos de orellapendella.org. PARABÉNS, LEILA! ANIMÁDEVOS!
Tamén , Diego de 4º de primaria nos enviou, en relación ao proxecto da biblioteca, un tabolerio que fixo coa súa familia para xogar ás damas e así pasar esta corentena amena.
GRAZAS, DIEGO!
E agora cantamos cos Lunnis e a canción: "Lávate las manos"
Mércores, 25
Olaaaa! Hoxe imos CANTAR. Gústame moito este vídeo porque fala dos animais, pero presta moita atención para ir memorizando letra, xestos...
Estou esperando a ver quen de vós me manda un vídeo bailando só ou soa, coa familia ...e claro, se me dades permiso cólgoo no blog. Estaría encantada. Bicos Luíña
"DIME QUE FIXECHES" de Migallas
A seguinte canción leva por título "Ou iso ou aquilo" do libro CD ALEGRÍA da editorial Galaxia.
Martes, 24
A partires de dous contiños propoñémosvos a realización de actividades LIM (Libro Interactivo Multimedia). Desexamaos que vos gusten!
" A ratiña fachendosa" de Charles Perrault é un conto axeitado para os primeiros cursos de primaria
" Podesvir"conto de Fina Casalderrey, axeitado a partires de terceiro
Este pasado sábado celebrouse o día da Poesía. Imos deixarvos hoxe un enlace a una páxina de recitados acumulativos, para que vos entreteñades un pouco.
Tamén vos deixamos un fermoso vídeo sobre o respecto e o maltrato. "Ás mulleres non se lles pega nin con una flor". Mirádeo con atención!! Paga a pena.
Sábado, 21
Para comezar, hoxe traemos unha canción interpretada polo alumnado do CEIP Coirón de Dena, coa que gañaron o premio Olloboi On-line 2015. A música é dun coñecido cantante: Juanes.
A continuación deixamos un dos Contos do Camiño, A pota que trota, da Ed. Kalandraka.
Venres, 20
Hoxe propoñemos que aprendades algún trabalinguas desde a páxina de orellapendella. Pulsa na ilustración para acceder á primeira páxina de trabalinguas. Abaixo de todo podes pasar de páxina. Hai catro. Tamén escoitar o audio dalgúns dos distintos trabalinguas pulsando no cadradiño que hai dentro do rectángulo negro.
Queres poner a proba ás túas irmás ou irmáns? E aos teus país? No seguinte enlace podes ver 100 preguntas. algunas son sinxelas, pero outras... e teñen a solución ao remate das preguntas. PON A PROBA Á TÚA FAMILIA!!! Pulsa na imaxe.
Xoves, 19
PARABÉNS AOS PEPES, PEPAS, PEPITAS...E PAPÁS...
E digo eu... pensando na comida dunha data tan especial ...que podiamos preparar para o xantar? Listo..."TORTILLA DE PATACAS CON XAMÓN" Bo proveito!
Tamén vos deixamos esta orixinal e esperanzadora proposta:
O LEMA: "Todo irá ben": idea baseada nunha iniciativa xurdida en Italia que consiste en facer arcos da vella e colgalos nas fiestras ou nos balcóns. https://www.bebesymas.com/noticias/todo-ira-bien-esperanzadora-iniciativa-ninos-ninas-que-inicio-italia-cuarentena-coronavirus
Se vos animades e podedes, mandade fotos ao correo lolagoleta@gmail.com e compartímolas no blog. Ánimo!!!
Bos díaaaaaas! Imos alá!
Hoxe qeremos compartir con vós un contiño . "ROSA CONTRA EL VIRUS".
E a continuación toca CANTAR: OS SUPERHEROES da editorial Galaxia.
Martes, 17
Hoxe deixamos o conto: "OLLOBRUSCO" da editorial OQO e a canción :"FUN AO MERCADO" de María Fumaça.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















