viernes, 8 de noviembre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS A PARES!

Por fin! xa era hora! Desde a comisión da Biblioteca pedímosvos desculpas pola tardanza da posta en andaina das mochilas viaxeiras. Hoxe saíron ao lombo do noso alumnado... E por partida dobre: xa que cada curso dispón da mochila que oferta a biblioteca Avelaiona Luíña e da mochila que a ANPA puxo a funcionar en cada titoría. En cada mochila, xunto cos fondos, vai un caderno viaxeiro, no que agardamos que igual que en cursos pasados expresedes as vosas opinións, ideas, suxestións...e o que vos desexamos é UNHA FELIZ LECTURA EN FAMILIA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario