viernes, 15 de noviembre de 2013

MARILAR ALEIXANDER NA NOSA BIBLIOTECA

Marilar Aleixander estivo o día 12 na nosa biblioteca e falounos dos insectos; a charla tiña por título "Benqueridos insectos". Ben, temos que aclarar que non estivo de xeito físico, estivo a través dunha videoconferencia  organizada pola  Coordinadora de Equipos de Normalización. Máis de cen colexios estivemos conectados co despacho da profesora Marilar Aleixander na Universidade de Santiago de Compostela. Tivemos algún problema de son, pero a experiencia resultou moi novidosa: a información moi interesante, con moitas curiosidades,... vimos como os colexios escribían as preguntas e Marilar ía contestando. Ademais esta charla está relacionada co Proxecto Anual da Biblioteca Avelaiona Luíña. PARABÉNS E SAÚDOS PARA TODAS E TODOS OS QUE COMPARTIMOS ESTE NOVIDOSO XEITO DE INFORMARNOS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada