Chegou o gran día. Chegou Anxo Moure á nosa Biblioteca. Chegou o home que abraza as árbores, o home que fala cos ríos...chegou unha extraordinaria persoa, ecoloxista, contacontos...
Foi una charla moi didáctica, entretida, divertida. ANXO MOURE posúe uns excelentes dotes para captar a atención das nenas e dos nenos, para engaiolalos coas súas historias de amor pola natureza. Cantou co alumnado de 1º, 2º e 3º tres karaokes de Caramulo, Salgadiña e Coureliña. PARABÉNS POLA GRAN LABOR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario