O alumnado de infantil leu coas titoras e a familia o libro de Anxo Moure "Salgadiña, a estrela de Fisterra". As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria leron "Caramulo" e o alumnado de 3º elaborou un vídeo no que contaban os contos de Anxo Moure, deixaban as súas ideas sobre a gran actividade deste amante da natureza. Preparamos tamén tres karaokes coas cancións de Caramulo, Salgadiña e Coureliña. Realizamos un mural colectivo e contamos coa axuda das familias do alumnado de 2º que nos enviaron uns fermosísimos cabaliños de madeira. Todo isto para estar informados e preparar a tan esperada visita do autor á nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario