domingo, 14 de mayo de 2017

FEIRÓN LETRAS GALEGAS

Despois dunha semana "a tope" de actividades... chegou o venres, 12 de maio: FEIRÓN DA SEMANA CULTURAL...Xirou en torno a figura de Carlos Casares e ao Proxecto Anual da biblioteca sobre os animais.
- Obradoiros sobre a figura de Carlos Casares: crebacabezas das portadas dos seus libros, unir números para elaborar a caricatura da súa cara, recompoñeer portadas con erros, resolver labirintos( o can Rin tiña que chegar a onda o lobo Crispín, a laranxa debería chegar á laranxeira, a galiña azul tiña que atopar o seu ovo,...), sopa de letras, encrucillados, colgantes coa cara de Casares e o corpo de Luíña,...
- Exposición dos libros de Casares xunto co traballo plástico feito por cada aula.
- Libraría: exposición das últimas novidades sobre animais.
- Papiroflexia: elaborar animais (raposos, ras, gatos,...)
- Ratiños feitos con fresas (obradoiro da ANPA)
- Obradoiros fotografía: "Queres ser Rin ou Crispín?
- "A bomba da felicidade" a partires deste bonito e didáctico conto de "A galiña azul" os nenos tiraban desa bomba e caían globos, adhesivos, lapis, gomas,...
- Facendo un recordatorio o libro de teatro infantil "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" o alumnado gozou dun fresquiño zume natural de laranxa..
- Exposición de fotos do alumando coas súas mascotas ou animais de compañía
Foi un xornada de portas abertas.
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración! E grazas especialmente ao noso alumando por involucrarse en todos os obradoiros e facer que fose unha  xornada moi  especial de convivencia.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario