25 N
Como cada 25 de novembro conmemorarmos o Día contra a violencia de xénero. Nesta ocasión, xuntámonos todas as aulas para escoitar o manifesto elaborado polo alumnado de 6º e logo cantamos a canción "Non son fada" de Ses.
Os días previos realizamos un mural baixo o lema: "Sempre libres, sempre vivas" formado por bolboretas con mensaxes de liberdade, tamén cada neno/a levou para as casas un ramillete da flor sempre viva, moi relacionada co tema tratado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario