lunes, 27 de abril de 2026

 DÍA DO LIBRO

O 23 de abril conmemorouse o Día do Libro, no Ceip Cespón adicámoslle toda a semana con diversas actividades. Por unha banda, cada aula gozou coas "Lecturas polo planeta" da maleta literaria emprestada polo CEIDA para logo o xoves realizar unha busca do tesouro nos libros. Por outro lado realizamos un recuncho de Lendo en familia, onde pegamos fotos do alumnado nun intre de lectura cunha persoa da súa familia. E para rematar, algunhas nais de nenos/as do centro contaron un conto na Hora de Ler. Dende logo foi unha semana moi dinámica e entretida chea de saber. Grazas familias!




No hay comentarios:

Publicar un comentario