miércoles, 30 de noviembre de 2022

Escribir NON dende a Biblioteca escolar

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

 O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas  de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.

Este 25 de novembro, o alumnado de Cespón, escribiu NON á violencia de xénero: 

NIN GOLPES QUE DOIAN, NIN PALABRAS QUE FIRAN.





No hay comentarios:

Publicar un comentario